Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

08/05/20 | 17:30 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Galicia contará por primeira vez cun plan específico para a prevención de incendios, dotado con máis de 30 millóns de euros

Feijóo salienta que o plan intervirá sobre case 46.000 hectáreas de xeito conxunto, en preto de 5.800 quilómetros de pistas forestais e outras vías de comunicación e ademais faranse traballos de mantemento en 3.207 puntos de auga

08/05/20 | 17:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o protocolo para garantir a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial de forma gradual e segura

Este protocolo comezará o 11 de maio coas actuacións preliminares, que se prolongarán durante unha semana e nas que se identificará o persoal con despacho, así como os espazos de traballo compartido nos que se cumpre a distancia de seguridade

08/05/20 | 17:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta incrementa as axudas para a compra de libros e flexibiliza os límites de renda para acceder ao fondo solidario e aos vales de libros e material para o vindeiro curso 2020-21

Feijóo afirma que a Xunta habilitará unha partida de preto de 20 millóns de euros, o que supón un incremento de case o 63% con respecto aos 12,1 millóns do presente curso

07/05/20 | 14:00 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a importancia da detección precoz do virus para controlar rebrotes e avanza que Galicia disporá de 400.000 novos test

Afirma que con este novo paquete de test de dobre banda, dos cales 100.000 xa foron entregados ao Sergas, Galicia reforza a súa capacidade de análise

06/05/20 | 14:06 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia desenvolverá unha plataforma tecnolóxica para obter diagnósticos microbiolóxicos fiables de calquera patoloxía infecciosa

O proxecto foi concedido antes da aparición do coronavirus e agora cobra especial relevancia para diagnosticar o COVID-19 e outros patóxenos

04/05/20 | 14:57 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

O Comité de Expertos Económicos avoga por flexibilizar a xornada laboral e establecer bonificacións nas cotas á Seguridade Social

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe no encontro, no que tamén se demandou a desvinculación dos ERTE de forza maior do mantemento do estado de alarma e deducións fiscais para incentivar a recuperación do emprego

03/05/20 | 17:17 | A Presidencia da Xunta

Feijóo demanda ao Goberno de España claridade, certezas e criterios obxectivables que permitan unha reactivación eficaz e segura

“Non hai protocolos de actuación por sectores, unha estratexia concreta de actuación ante calquera rebrote que se poida producir, nin unha estratexia tecnolóxica, cando a tecnoloxía é clave a partir de agora”, precisa

02/05/20 | 14:09 | A Presidencia da Xunta

Feijóo presenta o plan de reactivación do turismo centrado en facer da comunidade un destino seguro e reinventar un sector clave para a marca Galicia e a economía

Precisa a posta en marcha dunha estratexia de seguridade sanitaria que permita deseñar certificacións que acrediten o cumprimento das medidas e xerar confianza

01/05/20 | 11:20 | A Presidencia da Xunta