Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta incrementa ata os 51 M€ o investimento para obras e equipamentos no eido educativo, 30 M€ máis do previsto para este 2020
Feijóo avanza tamén que a área sanitaria da Coruña contará cun novo edificio de investigación preto do CHUAC e nunha parcela de máis de 8.000 metros cadrados
Galicia dá por superada a fase 3 e levantará o estado de alarma a partir do próximo luns
“Facémolo avalados pola situación epidemiolóxica que temos desde hai 14 días e pola solidez dos datos sanitarios”, asevera Feijóo
A Xunta avalía coas entidades de inclusión as primeiras medidas do plan social poscovid para atender as necesidades máis urxentes dos fogares vulnerables
Durante estes meses o Goberno galego reforzou o seu apoio ao tecido social para garantir a súa actividade, axudar ás familias con menores ingresos e prestar coidados a domicilio ás persoas que o precisan
A Xunta autoriza aos centros de día a prestar atención terapéutica individual con cita previa aos seus usuarios
Este servizo prestarase con todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias
Feijóo destaca a capacidade do tecido industrial galego para identificar novas oportunidades e reorientar a súa capacidade produtiva
Agradece o labor de todas as empresas que estiveron traballando “para que poidamos agora abrir a economía de Galicia con seguridade”, di, referíndose ás máis de cen empresas que na Comunidade están a producir material de protección
Feijóo resalta a capacidade do sector turístico para afrontar os novos retos e anímao a consolidar un modelo baseado na sustentabilidade, a calidade e a tecnoloxía
Asevera que Galicia conta cun modelo turístico baseado na calidade, próximo e descentralizado
A Xunta reitera o apoio á cadea mar-industria ante un proxecto de Lei de Cambio Climático do Estado que ameaza a seguridade xurídica e a viabilidade económica de todo o sector
Feijóo lamenta que con este documento se intente facer “unha modificación pola porta de atrás”, da Lei de costas
Galicia pide ao Goberno central que elimine a taxa de reposición na OPE de Sanidade para este 2020 e a baixada do IVE do turismo
“Sería facer xustiza coas persoas e cos colectivos que máis traballaron durante a pandemia, contratados cunha temporalidade que nós non queremos”, di, no tocante ás OPE