Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

19/08/20 | 17:57 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta proporá que as máscaras sexan obrigatorias nas aulas para profesorado e alumnado maior de seis anos

Feijóo reclama un protocolo único para todo o sistema educativo español porque “necesitamos criterios claros e homoxéneos”

12/08/20 | 16:50 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta acorda manter na área da Coruña as restricións xa implantadas, intensificar o rastrexo de casos e reforzar as medidas de control

Feijóo sinala que, polo momento, non se prevé establecer medidas de control xeral da mobilidade, sen prexuízo de que isto cambie nos vindeiros días

04/08/20 | 18:56 | A Presidencia da Xunta

Feijóo urxe ao Goberno central solucións enerxéticas inmediatas que garantan a viabilidade da única fábrica de aluminio primario de España

Traslada por carta ás ministras para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e de Industria, Comercio e Turismo, a preocupación ante o incerto futuro da fábrica de aluminio Alcoa en San Cibrao da que dependen directamente máis de 1.000 familias

31/07/20 | 19:08 | A Presidencia da Xunta

Feijóo demanda unha resposta sanitaria, económica e social conxunta e urxe abordar a situación financeira das comunidades

Diante dos brotes, pide que se habilite unha normativa sanitaria específica para que as comunidades actúen con seguridade xurídica e con criterios de saúde pública

29/07/20 | 15:12 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avalía co embaixador de Portugal a posibilidade de incluír só as zonas de alta incidencia epidemiolóxica do país veciño no protocolo de viaxeiros da Xunta

Se ben no protocolo non se fan diferencias dentro do territorio dos países, agás no caso de España, traslada a necesidade de establecer unha diferenciación con Portugal ante os estreitos laxos que nos unen

28/07/20 | 13:08 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a importancia dos campamentos de verán para conciliar e que a rapazada se coñeza entre si e coñeza Galicia

Sinala que a primeira quenda dos campamentos se desenvolveu con plena normalidade e coa máxima seguridade

23/07/20 | 16:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo afirma que a anticipación seguirá a ser un elemento clave na loita contra a pandemia e na reactivación económica e social

Expresa o convencemento de que a empresa familiar ocupará un papel fundamental na reactivación