Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

02/11/22 | 14:19 | A Presidencia da Xunta

Galicia reforza a aposta pola economía social cun 21% máis de fondos incluídos nos orzamentos do vindeiro ano

Rueda salienta que a economía social supón o 7% do PIB da Comunidade galega, cun impacto anual no tecido produtivo galego de 850 millóns de euros
 

31/10/22 | 14:47 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta porá en marcha en 2023 o Centro de fabricación de terapias avanzadas de Galicia para elaborar fármacos innovadores contra o cancro

Os Orzamentos da Xunta permitirán dotar o centro das prazas de persoal, tras un investimento total no proxecto de 2,5 millóns de euros

31/10/22 | 12:12 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel do Camiño de Santiago na promoción da gastronomía de Galicia e para dar a coñecer o carácter solidario dos galegos

Gaba o papel das entidades sen ánimo de lucro como ACEM para mellorar a calidade de vida de persoas con esta doenza e salienta a implicación do Goberno galego para estar “á altura” das súas necesidades sanitarias e sociais

29/10/22 | 20:35 | A Presidencia da Xunta

Rueda cualifica o proxecto de Alta Velocidade entre Galicia e o Norte de Portugal como estratéxico para o futuro da Eurorrexión

Insta ao Goberno de España a que no XXXIII Cumio Ibérico, que se celebrará o 4 de novembro en Viana do Castelo, adquira compromisos sobre o AVE entre Vigo e Porto “máis alá das promesas”

28/10/22 | 18:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta comprométese co Concello de Ferrol a actuacións de mellora nos servizos públicos, saneamento, infraestruturas e dinamización industrial da cidade

Anuncia a ampliación da participación da Xunta no saneamento rural de Ferrol, ata un 70 % cun investimento de 8,4 M€ ata 2026

28/10/22 | 10:02 | A Presidencia da Xunta
27/10/22 | 16:48 | A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica a aposta de Galicia e Madrid por modelos baseados na estabilidade, na mellora dos servizos e nas rebaixas de impostos para paliar a incerteza

Destacou os orzamentos “de gran contido social” que acaban de aprobar ambas comunidades e o feito de ser gobernos que apostan pola “xente” e por unha xestión “seria e estable”

27/10/22 | 14:28 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que a Xunta porá en marcha unha axuda de 12.000 euros ao ano para as persoas con ELA

O presidente da Xunta destaca que Galicia será “a primeira comunidade” en contar cunha liña de axudas “directa e inmediata” para os pacientes con Esclerose Lateral Amiotrófica

27/10/22 | 14:27 | A Presidencia da Xunta

A Xunta recorrerá ante a Xustiza a decisión do Goberno central de bloquear a transferencia a Galicia dos 4,3 M€ comprometidos para o lobo

Rueda lamenta que o Executivo decida excluír a comunidade galega destes fondos “de maneira unilateral e sen fundamento legal que o xustifique”