Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta remite ao Goberno unha proposta “construtiva e leal” de reforma da Lei Orgánica de Saúde para loitar contra a covid-19
Feijóo fai fincapé en que o estado de alarma é unha medida excepcional e que non resulta adecuado acudir a ela para un control sistemático e diario da epidemia
Feijóo anuncia unha comisión para planificar e promover os proxectos galegos que optarán aos fondos de reconstrución Next Generation da UE
Destaca que o órgano ten o obxectivo de impulsar as iniciativas tractoras da Comunidade ante o reparto de 750.000 millóns euros europeos para a recuperación, dos cales 140.000 corresponderán a España
A Xunta informará semanalmente da situación epidemiolóxica dos concellos segundo o nivel de casos novos
Feijóo explica que o Goberno galego elaborará dous mapas, un para os casos acumulados nos últimos 7 días e outro para os casos acumulados nos últimos 14 días, establecéndose os niveis de alerta –verde, amarelo, laranxa e vermello- segundo os concellos de menos de 50.000 habitantes e os de máis de 50.000
Feijóo di que o problema non é o modelo de Estado senón a gobernanza e subliña que as autonomías estiveron á altura das circunstancias durante a pandemia
Incide en que o Estado das Autonomías é un modelo cun “balance positivo” que veu funcionando “con bastante boa nota” nos últimos anos e proba diso son os índices económicos e de benestar
Feijóo reivindica os valores da Xeración Nós, fiel a un galeguismo de concordia e onde se atopan as orixes culturais "da Galicia que somos"
Lembra que, a partir dese fito que marca aquela congregación de talento e empuxe, a cultura galega ten un lugar relevante e imprescindible na sinfonía das grandes culturas do mundo
Feijóo apela á política que une á cidadanía en torno a obxectivos compartidos, combinada con medidas inmediatas e de longo alcance, para afrontar o reto da resistencia e a reconstrución
Recorda que a política ancorada no perentorio é tan daniña como a que só atende os grandes asuntos
Feijóo destaca unha achega total de máis de 26 millóns de euros para facer fronte ás necesidades de seguridade e hixiene derivadas da covid-19 nos centros educativos e nas universidades
Salienta a creación da Reserva de Garantía Educativa, para a dotación e adquisición de material vencellado á prevención do risco sanitario, como máscaras hixiénicas para o alumnado máis vulnerable e máscaras cirúrxicas para eventualidades