Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destina unha achega de 1,7 millóns para reforzar e incorporar 200 persoas que atendan ao servizo de comedor
Feijóo destaca que nos comedores de xestión directa se incrementarán en 166 o número de colaboradores voluntarios e que se aumentará a contía percibida polo seu labor
Feijóo avanza un paquete de medidas por case 5 millóns de euros para apoiar ao sector do ocio nocturno ante a pandemia
Incide en que o obxectivo é paliar a baixada absoluta, ingresos cero, de todo este sector económico que supón unha parte importante en empregos na Comunidade
A Xunta pon en marcha a aplicación PassCOVID, unha canle de contacto telemática cos cidadáns para facilitar a xestión da pandemia
Feijóo explica que complementará app estatal RadarCOVID, con novas funcionalidades grazas á colaboración voluntaria de la cidadanía
Feijóo salienta os avances na construción da Cidade da Xustiza de Vigo, "a obra xudicial máis importante da historia da Comunidade"
Confirma o obxectivo de que os traballos conclúan no primeiro trimestre de 2021 e que ao longo do vindeiro ano se leve a cabo, tamén, o traslado de todas as infraestruturas xudiciais a esta nova sede
A Xunta conta xa con sete proxectos para avanzar no camiño que marca Europa cara a unha recuperación verde, dixital, inclusiva e social
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou na reunión constitutiva da comisión Next Generation Galicia, que se vai encargar de supervisar a folla de ruta galega para optar ao Fondo Europeo de Recuperación
Feijóo anuncia que a Xunta traballa nunha Lei de reactivación da economía co obxectivo de converter Galicia nun bo lugar para investir
"Estamos xa a traballar nesta lei porque a tramitación administrativa non pode ser un problema, senón que ten que ser un acompañamento legal ás empresas, para que con seguridade xurídica se poidan instalar no ámbito territorial”, di
Feijóo reivindica o papel da ciencia na Galicia de hoxe e do mañá e destaca o investimento de 12 millóns para apoiar a investigación e produción de equipos de protección contra a pandemia
Subliña que os galardoados esta tarde coas Medallas de Investigación e cos Premios de Investigación Ernesto Viéitez son parte da excelencia de Galicia, ao igual que o homenaxeado Andrés Comerma