Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo apela á colaboración entre axentes sociais e económicos co tecido produtivo para avanzar cara á recuperación económica dunha Galicia construída entre todos
Explica que nestes momentos a prioridade da Xunta segue sendo a recuperación económica e social para acadar unha economía que funcione e xere emprego
A Xunta pon en marcha un plan de rescate dotado con 70 millóns de euros para manter a actividade económica de 30.000 autónomos e de 10.000 microempresas
Traslada que estas axudas complementarán ás prestacións do Estado por cese de actividade a consecuencia da pandemia da covid-19
Feijóo avanza 108 proxectos cos que Galicia podería optar aos fondos europeos de reconstrución e mobilizar un total de 9.400 M€
Reitera a necesidade de coñecer o criterio a seguir na distribución dos fondos
Feijóo anuncia un Plan de rescate dotado con máis de 70 millóns de euros para axudar á actividade económica de máis de 30.000 autónomos e de 10.000 microempresas
Traslada a preocupación polo emprego e incide en que agora é cando a sintonía e a cooperación entre a política e a economía debe ser máis fluída que nunca
Xunta e Concello de Ferrol urxen un barco ponte e a construción do dique seco para reactivar o naval
“Tanto o dique seco como un novo barco son fundamentais para que o emprego de Ferrol non se siga deteriorando. Non podemos esperar polas fragatas a 2022 ou 2023, necesitamos un barco que dea carga de traballo”, asevera Feijóo
Feijóo anuncia a ampliación da Tarxeta Básica por tres meses máis, para axudar á adquisición de produtos básicos ás familias vulnerables que o precisen
A dita tarxeta achega entre 450 e 900 euros ao trimestre, dependendo do número de persoas que conforman a unidade familiar
Feijóo destaca que a ampliación das urxencias dos hospitais galegos en 10.000 metros cadrados na última década está a ser fundamental para tratar a covid de forma rápida e eficaz
Salienta que os hospitais comarcais foron ampliados nunha superficie total de 14.000 metros cadrados, o que equivalería a construír outro Hospital da Barbanza
Feijóo avoga por aproveitar todas as posibilidades que ofrecen os fondos europeos para acadar unha recuperación forte, sustentable e que poña á economía real no primeiro plano
Subliña que a colaboración público-privada vai ser indispensable para aumentar o alcance e capacidade de investimentos dos proxectos tractores