Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo destaca os Colexios Rurais Agrupados como exemplo do compromiso cunha educación de calidade, plurilingüe e coas novas tecnoloxías como ferramenta imprescindible na aprendizaxe
Resalta e agradece o esforzo adicional do conxunto da comunidade educativa -docentes, equipos directivos, alumnos e familias- para facer fronte á pandemia
Feijóo salienta que a participación de Galicia na fabricación da vacina contra a covid-19 constata a importancia de seguir apostando polo sector biotecnolóxico e o talento galego
Lembra que a Estratexia de Impulso á biotecnoloxía leva mobilizados 239 M€ en favor do sector, o que sitúa á Comunidade entre as dúas onde máis empresas neste eido se crearon nos últimos anos
A Xunta ofrecerá un sistema de substitución gratuito para as explotacións e pequenas industrias agroalimentarias con persoal en corentena pola covid-19
Feijóo incide en que é fundamental para que as explotacións agrogandeiras poidan subsistir, para os titulares das mesmas, pero tamén para a cadea de industria da alimentación en Galicia
A Xunta aproba o teito de gasto máis alto da serie histórica para 2021: 11.664 millóns de euros centrados na loita contra a pandemia e na reactivación económica
Feijóo salienta que medra un 14,9% con respecto ao presente exercicio, o que vai permitir incrementar as capacidades de gasto ao redor de 1.500 M€
Feijóo avanza a reforma da Lei de Saúde de Galicia para contar cunha normativa "específica" e adaptada para combater a pandemia
Anuncia a modificación da lexislación autonómica para xestionar coa “maior seguridade xurídica, certeza e claridade” a crise sanitaria, despois de comprobar que o Goberno central non regulará o control da situación mediante unha lei orgánica
As urxencias do CHUS refórzanse ante a covid cunha nova sala de observación con 40 camas máis
A obra realizouse nun tempo récord, xa que foi tramitada por procedemento de emerxencia ante a situación da pandemia, o que obrigou a desdobrar este servizo para atender en dous circuítos diferenciados aos doentes covid e doutras patoloxías
Feijóo demanda un sistema de reparto dos fondos europeos que combine a concorrencia competitiva, proxectos viables e de futuro e unha recuperación simétrica das rexións
Explica o traballo que está realizando Galicia, cunha proposta xa de 108 proxectos enviada ao Goberno central e que suporía unha mobilización de case 9.500 M€
Feijóo avoga por ampliar a Estratexia de desenvolvemento transfronteirizo coa inclusión do tren de alta velocidade Vigo-Porto e a posta en valor do Camiño Portugués
Apela a un maior compromiso co Corredor Atlántico de mercadorías, fundamental para todo o norte de Portugal e para todo o noroeste de España
Feijóo salienta que a aposta en servizos, equipamentos e infraestruturas é unha constante nos hospitais comarcais, que creceron en case 14.000 metros cadrados desde 2009
Anuncia a licitación do proxecto da Fase 2 en canto entren en vigor os orzamentos de 2021, para así poder iniciar a obra en canto o proxecto estea entregado ao Sergas