Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia completará o reforzo da Atención Primaria coa construción ou renovación de 38 centros de saúde máis nesta lexislatura
Feijóo salienta que a Xunta leva construídos ou renovados un total de 75 centros de saúde que, “sumados aos 38 desta lexislatura farán un total de 113, o que suporá un novo sistema de infraestruturas na Atención Primaria para toda Galicia”
A Xunta mobiliza 35 millóns de euros en axudas para a reforma enerxética de vivendas e edificios, o que permitirá crear 2.300 empregos
Feijóo explica que serán subvencionables: actuacións na envolvente térmica dos edificios, o uso de enerxías renovables e melloras nas instalacións de iluminación
Feijóo avanza a creación dunha comisión interdepartamental para "potenciar e coordinar" a investigación e a innovación da Comunidade
Destaca que o organismo crearase para perfeccionar a coordinación dos distintos departamentos da Xunta á hora de planificar obxectivos, levar a cabo proxectos e executar os fondos nesta materia
A Xunta avanza unha liña urxente de axudas para a hostalería que inxectará entre 2.200 e máis de 7.000 euros aos establecementos pechados a causa da covid-19
Feijóo explica que a diferencia depende do número de empregados e do número de meses que leve pechado o establecemento
Galicia reforza as restricións nos 60 concellos con maior incidencia epidemiolóxica con novas medidas
Feijóo avanza que en todas estas zonas estarán permitidos o 100% dos movementos para ir a traballar, á escola, a atender coidados necesarios de menores e maiores, e todos os movementos sanitarios
Feijóo anuncia a aprobación en novembro da Lei de reactivación para facilitar os trámites da administración ás empresas
Precisa que o novo texto buscará que a Xunta se converta na administración máis áxil dos últimos 40 anos, que se eliminen solapamentos innecesarios, disfuncións e duplicidades entre departamentos, e que se facilite a captación e execución de proxectos
Feijóo avanza novos pasos para converter a ETEA nun dos piares do Vigo aberto coa construción do pavillón polideportivo e a nova residencia de maiores
En relación á residencia de maiores, confirma que o proxecto de demolición do antigo cuartel xa está finalizado, co obxectivo de comezar as obras este ano, cun investimento de 15 millóns de euros e con 150 prazas públicas
A Xunta impulsará emendas ao proxecto de Presupostos Xerais do Estado coa fin de que incorporen partidas suficientes para executar os treitos prioritarios da autovía Ourense-Lugo
Solicitarase que as Contas do Estado para 2021 consignen os cartos necesarios para executar as obras do intercambiador de Guntín, en Lugo, e para o treito San Martiño-Cambeo, na provincia de Ourense