Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo destaca a importancia da nova Cidade Deportiva do Celta para reforzar o futuro do fútbol e do deporte galego
Lembra que o club merecía contar cun espazo de “primeira”: “Unhas instalacións propias, de última xeración, á altura da súa relevancia e abertas aos veciños da área”, salientou
Feijóo apoia a Braga no lanzamento da súa candidatura a Capital Europea da Cultura 2027
“Se Braga o consegue, coincidiría co Ano Santo 2027, o que suporía para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal unha feliz coincidencia e a súa consolidación desde o eido cultural”, asevera
Feijóo destaca o apoio da Xunta á dixitalización coa activación de axudas por importe de 31 M€ desde o inicio da pandemia
Traslada o obxectivo de que o Goberno galego aprobe este mes a súa Estratexia de dixitalización ata o ano 2030
A Xunta activa mañá as liñas de axudas dirixidas a microempresas e autónomos con persoal e á hostalería do Plan de rescate
Feijóo explica que as axudas son acumulables entre si e no caso dos autónomos con establecementos hostaleiros poderán oscilar entre os 6.700 e os 9.200 euros
A Lei de reactivación económica de Galicia suporá unha simplificación administrativa e facilitará a implantación das iniciativas empresariais na Comunidade
Feijóo incide en que “será un texto absolutamente innovador na lexislación galega”
A Xunta presentará mañá a Lei de reactivación que ofrecerá vantaxes aos proxectos empresariais estratéxicos, máis axilidade administrativa, incentivos fiscais e facilidades para acceder ao solo industrial
A nova lei tamén incentivará os proxectos presentados aos fondos de recuperación europeos
Feijóo anuncia a adquisición masiva de 3 millóns de test de antíxenos para cribar en residencias e en calquera outro lugar onde se precise
Salienta que os Orzamentos da Xunta para 2021 contarán con 4.600 millóns para a Sanidade pública, “o presuposto máis ambicioso da historia da comunidade nesta materia”
Galicia duplica o seu orzamento para infraestruturas de Atención Primaria con preto de 60 millóns de euros para 2021
Salienta que os presupostos de 2021, “os maiores orzamentos da historia da Comunidade”, investirán na Sanidade Pública 475 millóns de euros máis que este ano, chegando así á cifra récord total neste eido de preto de 4.600 millóns