Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo amosa o seu optimismo ante a receptividade de Pedro Sánchez aos proxectos galegos que optan aos fondos europeos Next Generation
Valora o apoio do presidente do Goberno coa AP-9, en relación coa baixada de peaxes con cargo a unha partida de 50 M€, incluída nos orzamentos do Estado
Feijóo abordará con Pedro Sánchez os asuntos prioritarios para Galicia relacionados coa covid, o reparto dos fondos para as comunidades, a política industrial ou as infraestruturas
“Hai asuntos nos que é precisa unha postura estatal común, para establecer unha coordinación que creo que debe liderar a nova ministra de Sanidade”, incide o presidente do Goberno galego, que conversou onte con Carolina Darias
A Xunta destinará 8 millóns de euros para bonificar a compra de 1,4 millóns de metros cadrados dispoñibles nos seus parques empresariais
Feijóo avanza que, como novidade, establécese tamén o acceso ás parcelas na modalidade de aluguer: “O obxectivo é que dean cabida a instalacións non permanentes”, precisa
Feijóo anuncia a ampliación de crédito do segundo Plan de rescate para achegar máis de 150 millóns de euros entre as dúas convocatorias
Salienta que a comezos de ano, Galicia levaba programadas axudas por un importe de 370 millóns; axudas directas e consensuadas cos sectores máis afectados nas que se primou a axilidade na súa tramitación
Feijóo traslada á Comisión Europea as liñas xerais da Lei de impulso demográfico e as medidas que impulsou Galicia neste eido
O Parlamento galego debate hoxe a aprobación definitiva desta norma, que converte a Galicia na primeira comunidade autónoma en elevar a cuestión demográfica a rango de Lei
Feijóo anuncia que toda Galicia estará desde o mércores, e durante un mínimo de tres semanas, no nivel de restrición máxima
Avanza que, con carácter xeral, as interaccións sociais quedarán limitadas aos conviventes, a mobilidade reducirase ao propio concello e o toque de queda manterase ás 22,00 h porque “non temos capacidade para reducilo ata as 20,00 h”
Feijóo destaca que o Consello Consultivo é un piar básico do autogoberno: un espazo plural e independente que vela polas institucións de todos
Nuns tempos marcados por unha profunda incerteza e a desafección, incide na importancia da labor das institucións públicas para “converter os pousos da desafección nuns afectos e vínculos renovados”
A Xunta e o comité de expertos económicos coinciden na urxencia de garantir o desenvolvemento dos proxectos tractores en tempo e forma, eliminando barreiras e dotándoos de maior axilidade
Abordaron a posibilidade de crear un mecanismo para impulsar os proxectos tractores a través da colaboración público-privada
Feijóo aposta por seguir impulsando a industria biotecnolóxica galega coa selección de tres iniciativas estratéxicas por un importe de 445 M€ para optar aos fondos europeos Next Generation
Á marxe destes tres proxectos, salienta que a Xunta propón dúas iniciativas máis: unha para impulsar a rede galega de hubs de innovación dixital e outra para a creación dun centro de fabricación propia de medicamentos de terapias avanzadas