Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo anima aos concellos a conceder licenzas exprés para seguir atraendo investimentos á Comunidade
Salienta que a nova lei de reactivación económica terá como obxectivo fundamental a simplificación dos procesos administrativos para, garantindo a seguridade xurídica, mandar unha mensaxe de confianza aos inversores e de competitividade da nosa economía
A Xunta dá un novo paso na recuperación da ETEA para a reurbanización e o acondicionamento dos terreos aos novos usos
Feijóo salienta que o investimento total previsto por parte da Xunta no ámbito do PS-1 ascende a 10 millóns de euros, que se veñen a sumar aos 7,7 millóns de euros xa investidos
A Xunta aproba o proxecto da estación de autobuses da intermodal da Coruña cun investimento global de 27,4 M€
Feijóo salienta que así culmina a tramitación urbanística do proxecto, que levará aparellados 500 postos de traballo durante a súa execución material
A Xunta destina 2,3 M€ para adquirir tomógrafos, ventiladores e equipos de radioloxía para loitar contra a covid nos hospitais públicos galegos
Feijóo sinala que se trata 31 ventiladores non invasivos, 16 equipos de radioloxía portátil e 7 tomógrafos de impedancia eléctrica
Feijóo destaca a aprobación do segundo Plan de rescate e avanza que un negocio que se beneficie da primeira e da segunda convocatoria poderá acadar axudas de ata 24.200 euros
Destaca que este segundo plan conta cun orzamento de 75 millóns de euros e está dirixido a persoas traballadoras autónomas, microempresas, hostalería e outras actividades pechadas desde xaneiro
Feijóo avanza a posta en marcha dun plan de mellora da eficiencia e calidade dos servizos públicos para facilitar a iniciativa empresarial
Subliña que a nova estratexia terá como finalidade implantar uns servizos públicos acordes ao século XXI, impulsar un marco xurídico adaptado á nova realidade; e aplicar as tecnoloxías disruptivas que terán un maior impacto na economía
Feijóo reedita o compromiso da Xunta co porto da Coruña e demanda ao Goberno central a licitación da conexión ferroviaria a Punta Langosteira antes do mes de xuño
”Ou se licitan as obras antes do mes de xuño ou perderemos a competitividade do porto durante os próximos cinco anos”, asevera, incidindo en que a declaración de impacto ambiental da obra caduca no mes de xuño
Feijóo salienta que o novo albergue de peregrinos de Vigo contribuirá a seguir mellorando a cidade e a experiencia xacobea
Dentro do plan director do Camiño, subliña que a Xunta destinou ata agora máis de 33 millóns de euros a albergues para, entre outras cousas, construír nove e levar a cabo melloras noutros dezaoito