Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo destaca a importancia de Ourense no legado cultural e intelectual da Xeración Nós, un dos colectivos "máis transcendentais" da Galicia contemporánea
Tras recibir 15.000 visitantes na Cidade da Cultura, salienta que ata o 18 de abril, os ourensáns poderán admirar esta mostra que se reparte entre o Centro cultural Marcos Varcárcel e a sala de exposicións Afundación
Feijóo anima a preservar a obra e os valores de Rosalía de Castro, a escritora galega máis universal e “símbolo da Galicia que somos”
“Galicia é rosaliana porque Rosalía fíxonos tomar conciencia da nosa terra, da importancia do noso pobo e da relevancia de ter unha cultura e unha fala de noso. A súa obra foi a semente do bosque vizoso que é a nosa lingua”, salienta
Feijóo anuncia novos pasos en ámbitos da hostalería, a mobilidade e as reunións de non conviventes de cara a unha desescalada gradual, paulatina e baseada na evolución epidemiolóxica de cada territorio
Incide en que as medidas non serán homoxéneas en toda a Comunidade, “senón que haberá varios niveis que se irán aplicando segundo a situación pandémica e hospitalaria de cada ámbito xeográfico
Feijóo traslada a Teresa Ribera a necesidade dunha transición enerxética e ambiental xusta e ordenada que garanta a continuidade de 15.000 empregos de sectores clave para Galicia
“Galicia é unha Comunidade que quere seguir sendo verde, unha comunidade aliada cunha transición enerxética xusta”, di, incidindo na oportunidade que supoñen os fondos europeos Next Generation nesta materia, cunha candidatura que agrupa oito proxectos principais, co obxectivo de mobilizar inicialmente máis de 3.300 millóns de euros e crear 30.000 empregos entre directos e indirectos
A Xunta solicita ao Goberno central que licite un dos estudos informativos existentes da Saída Sur de Vigo, unha infraestrutura "clave" para a cidade, para Galicia e para a Eurorrexión
Salienta que o informe elaborado pola Xunta acredita que a Saída sur de Vigo permitiría: reducir custos de transporte; atraer novos tráficos de carga e descarga; e mellorar a conexión coa Plisan; e incrementar a actividade portuaria un 6%
Galicia mantense en máxima restrición para consolidar a melloría das últimas semanas e preparar unha apertura gradual e coa máxima seguridade
Feijóo avanza que o mércores 17 entrarán en vigor varias aperturas graduais, en eidos como o das residencias e centros de discapacidade, o comercio, o deporte ou a cultura