Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo avoga por que o sector da carne e o do viño conten cunha estratexia de dinamización propia para aproveitar o seu potencial de desenvolvemento
Asevera que a Xunta seguirá apostando pola marca Galicia Calidade e apela ao traballo co sector agrogandeiro, para potenciar os produtos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou que cumpran requisitos de excelencia
A Xunta estende o Bono Turístico #QuedamosEnGalicia ao conxunto da poboación galega co obxectivo de mobilizar en torno a 6,8 M€, inxectar actividade e impulsar a reactivación do turismo
Feijóo salienta que a Xunta asumirá o 60% do custe dos servizos consumidos e os particulares o 40%
Feijóo avanza unha partida de máis de 5 M€ para a posta en marcha de 63 casas do maior en concellos do rural
Destaca como novidade que poderán solicitar unha casa do maior todos aqueles concellos que non teñan no seu termo municipal un centro de día ou servizo similar
A Xunta comeza a tramitación da Lei de áreas empresariais para reforzar as estratexias de desenvolvemento e implantación destas superficies na Comunidade
Feijóo salienta tamén outras medidas que permitirán achegar solo e ofrecer oportunidades aos emprendedores, como a potenciación do Plan sectorial de áreas empresarias de Galicia
Feijóo e o ministro de Transportes acordan deseñar conxuntamente as bonificacións das peaxes da AP-9
Sinala o compromiso do Ministerio de aprobar o Real Decreto no primeiro semestre deste ano para que a redución das peaxes na Autopista do Atlántico sexa efectiva no segundo semestre
Feijóo solicita ao Ministerio de Traballo celeridade na distribución dos fondos de emprego ás Comunidades Autónomas e axudas directas para os sectores máis afectados pola crise por mor da pandemia
“Espero que nas vindeiras semanas teñamos as contías para que poidamos empezar xa a convocar os programas de emprego de xeito inmediato, porque practicamente estamos en abril e necesitamos executar o orzamento”, di
Galicia solicitará ao Goberno central a convocatoria dunha Conferencia de Presidentes para abordar o novo escenario tralo levantamento do estado de alarma
Avoga por seguir avanzando tamén na Comisión parlamentaria de reactivación, constituída no mes de outubro: “Propoño avanzar, concretar, pechar as propostas da comisión e reunirnos posteriormente”
Feijóo enxalza a traxectoria das galardoadas coas medallas Pardo Bazán que representan o destino propio de moitas mulleres libres, iguais e fraternas
Se ben aínda queda moito por andar, subliña que o afianzamento do autogoberno galego avanza en paralelo co empoderamento da muller galega