Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo celebra a apertura do peirao de Transatlánticos á cidadanía e defende que os espazos gañados benefician aos coruñeses
Reivindica a necesidade de abrir un espazo para a concordia política e convida a todas as administracións a traballar na procura de entendemento
Feijóo apela á unidade para converter Galicia nunha excepción da política de ruído que está invadindo o panorama nacional
Confirma que despois de Semana Santa a Xunta prevé iniciar a vacinación do grupo de idade comprendido entre os 55 e os 65 anos
Feijóo avanza a posta en marcha dunha oficina técnica para dar soporte ás actuacións do proxecto AutoAncora e desenvolvelo de forma óptima
Precisa que esta oficina ofrecerá asistencia ás empresas na preparación dos proxectos para a súa presentación ás distintas convocatorias dos fondos europeos Next Generation; apoio na xestión técnica e administrativa dos fondos de recuperación captados; e unha avaliación continua do impacto xerado polos investimentos
Feijóo destaca que a candidatura galega aos fondos Next Generation conta xa con 354 proxectos "maduros e viables" e cun orzamento estimado de 19.698 millóns de euros
Salienta que estes fondos poden ser unha vacina económica contra a pandemia para volver a unha senda de crecemento e de creación de emprego que abandonamos en 2019
Feijóo sinala a liña de alta velocidade Vigo-Porto como un obxectivo irrenunciable que permitirá reducir o tempo de viaxe a 60 minutos
Advirte de que sen a Saída Sur de Vigo non haberá Corredor Atlántico; “non poderemos sumar as sinerxías co Norte de Portugal e teremos enormes dificultades para competir no futuro”, di
Feijóo aborda cos alcaldes da Baixa Limia os proxectos clave para a comarca e a súa competitividade
Subliña que a Xunta está a redactar o proxecto para o acondicionamento da estrada autonómica OU-540, entre Celanova e a fronteira con Portugal, cun investimento de 11,5 millóns de euros