Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

06/06/21 | 10:24 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reunirase co Papa Francisco o próximo 14 de xuño para abordar a importancia do Xacobeo 21-22

O presidente da Xunta trasladaralle o agradecemento de todos os galegos pola ampliación do Ano Santo

04/06/21 | 16:39 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o compromiso por facer de Galicia un territorio seguro para vir, estar e para desfrutar, con medidas como o Seguro Covid, que entrou en vigor esta semana

Expresa a posibilidade, unha vez que toda a poboación galega estea inmunizada, de que os turistas que nos visiten reciban a vacina a través deste seguro

04/06/21 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a aposta por unha mobilidade máis segura e sustentable coa posta en marcha nos últimos cinco anos de 170 quilómetros de sendas integradas nas marxes das estradas

Asevera que Galicia emprendeu un camiño sen retorno cara ao coidado e a posta en valor do noso medio e da nosa paisaxe: “imos a seguir diminuíndo as emisións de CO2, impulsando unha economía circular e apostando polas enerxías renovables”

04/06/21 | 11:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza e agradece o labor de toda a comunidade educativa para afrontar o curso “máis difícil da nosa historia”

“Grazas aos profesores, ao persoal non docente, aos alumnos e ás familias”, precisa, salientando que todos os centros educativos galegos estiveron á altura do reto

03/06/21 | 14:03 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que neste Ano Santo 21-22 Galicia volve abrirse ao mundo para acoller ao peregrino que busca inspiración e acougo

Non nos resignamos a que a crise do coronavirus frustrara a ilusión de tantos peregrinos”, di, resaltando que, con este obxectivo, a Comunidade empeñouse en facer desta terra un destino confiable e seguro