Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Fernández-Tapias constata a boa acollida entre as familias viguesas da gratuidade da educación ata os tres anos
A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca o carácter pioneiro desta iniciativa que supón a ampliación da que xa se viña aplicando nos segundos fillos e sucesivos
Comezan as obras de demolición dos edificios da ETEA onde se emprazará o centro integral de atención ás persoas maiores de Vigo
Trátase de dous edificios actualmente en desuso: o cuartel de mariñeiría Méndez Núñez e o cuartel de alumnos José Luis Díaz
Feijóo destaca o compromiso da Xunta para que cada galego escolla o seu propio xeito de ser maior
Subliña a aposta de Galicia polo Servizo de Axuda no Fogar, cun investimento en 2022 que superará os 100 millóns de euros
A Xunta premia as mellores videocreacións e videoxogos feitos por mozas e mozos no Xuventude Crea 2021
O primeiro premio en videocreación foi para Aarón Vilariño Figueiras, de Santiago de Compostela, pola obra ‘Peixe’; o segundo, para ‘Vulgaris’ de Mario Fernández Filloy, do Carballiño; e o terceiro foi compartido entre Juan Rodríguez Bas, de Gondomar, con ‘O principio do movemento’ e para Alba Rodríguez Villar, de Cedeira, por ‘Quebec delta’
Política Social recibe o recoñecemento de 'Socia de Honra' por parte da asociación TDAH Salnés
No encontro abordáronse os retos do TDAH na adolescencia e nas etapas educativas da ESO, Bacharelato e a Universidade, así como na súa incorporación ao ámbito laboral
Mo_Cidade 2021 consolídase como espazo referente para a xuventude ao reunir a máis de 200 mozos de toda Galicia arredor da creación audiovisual, o emprendemento, a cultura e a tecnoloxía
Recibíronse máis de 300 solicitudes en tan só unha semana para acudir ao evento, pero debido ás limitacións de aforo soamente puideron asistir 200 persoas procedentes de distintos puntos da xeografía galega
A Xunta destaca o traballo de ASFEGA no apoio ás persoas con enfermidades metabólicas
Médicos e especialistas en nutrición comparten coñecementos e experiencias con persoas afectadas por estas doenzas
A Xunta reúne a 200 mozas e mozos creativos e emprendedores no encontro Mo_cidade 2021
Preto de 30 relatores compartirán coa xuventude a súa experiencia e percorrido, como o CEO e cofundador da empresa tecnolóxica Aleutos ou a deseñadora de moda da marca Coosy
A Xunta blinda o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar ata 2024, cun incremento acumulado de 70 millóns de euros
A achega autonómica subirá un 24% ao longo desta lexislatura, ao pasar dos 9,7 euros/hora actuais aos 12 euros/hora que se acadarán en 2024