Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Política Social destaca o programa de rede de centros escolares solidarios para achegar os valores do voluntariado ao alumnado galego
Os estudantes puxeron en marcha o proxecto ‘Paseolidarios’, co que axudan ás asociacións Boanoite, Casco e Mulleres Colleiteiras, entidades sociais de referencia na zona da Coruña
Fabiola García destaca que os orzamentos da Xunta para o 2022 inclúen o maior investimento da historia de Galicia para as persoas con discapacidade
Os fondos destinados a este ámbito ascenderán aos 141,7 millóns de euros, un 12,5% máis que no actual ano
A Xunta pon en valor o traballo das casas niño para garantir que os nenos teñan a posibilidade de medrar no rural
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe a casa niño A Parruliña
A Xunta salienta a importancia do centro sociocomunitario da Milagrosa como espazo de encontro favorecedor dun envellecemento activo
Desenvólvense obradoiros de ximnasia con música, tai chi, inglés, cestaría e encaixe de palillos
A Xunta e 'la Caixa' intensifican a colaboración entre ambas institucións en materia social, científica, educativa e cultural
O documento establece como fin prioritario paliar as consecuencias que a pandemia está a ter, especialmente, na vida dos colectivos máis desfavorecidos: persoas maiores, menores cuxas familias están nunha situación vulnerable, colectivos con necesidades especiais afectados por enfermidades, persoas con discapacidade ou persoas en risco de exclusión
A Xunta crea dez novas prazas de atención a persoas con trastorno dual no complexo asistencial de Castro de Rei por un importe de 230.000 euros anuais
Fabiola García salientou que con elas as prazas públicas de atención dual en Galicia increméntanse nun 10% ata chegar ás 110
A Xunta aumenta a oferta de conciliación e atención infantil na provincia de Pontevedra coa apertura da casa niño de Cuntis
O delegado territorial, Luis López, e o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitaron esta nova instalación, emprazada na antiga escola unitaria de Arcos de Furcos, co alcalde, Manuel Campos
A Xunta actúa de xeito transversal e integral na posta en valor da terra agraria e na fixación de poboación no rural para afrontar o reto demográfico
Ambos conselleiros lamentaron a ausencia do secretario general para el Reto Demográfico a un acto que estaba deseñado para mostrarlle os pasos dados polo Goberno galego co gallo de fixar poboación no rural e para apelar á colaboración interadministrativa
A Xunta licita as obras de reforma interior e mellora enerxética do centro de menores de Montealegre
O importe de licitación ascende a 720.000 euros e o prazo de execución do contrato é de seis meses
A Xunta de Galicia achega preto de 50.000 € a Aspamite para realizar obras de acondicionamento
Con este investimento realizaron unha reforma da sede da Asociación de pais de persoas con diversidade funcional do concello coruñés para mellorar a habitabilidade