Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia é a segunda comunidade autónoma de España cunha maior porcentaxe de persoas con dependencia recoñecida atendidas
Un 95% das galegas e galegos están atendidos, nove puntos por riba da media nacional
Política Social salienta a importancia de concienciar e sensibilizar a sociedade sobre os trastornos alimentarios
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá nunha xornada organizada pola Fundación Fita para poñer de relevo o impacto que este problema está a causar entre a poboación máis nova
A Xunta insta ao Concello de Carballeda de Avia a axilizar os trámites para a posta en marcha da vivenda comunitaria
O Goberno galego investiu 43.000 euros no equipamento deste centro municipal para desbloquear a situación da infraestrutura que, anos despois da súa construción, aínda non fora posta a disposición dos veciños
Trenor lembra que está aberto ata o 8 de abril o período de matrícula nas escolas infantís para o primeiro curso no que serán gratuítas para todos os nenos
Destaca que Galicia convértese así na primeira comunidade cunha educación infantil universal
Fabiola García insta a respectar a negociación colectiva entre traballadores de residencias e as empresas para que poidan chegar a acordos
Sinalou que as organización sindicais veñen de solicitar ao Consello de Relacións Laborais que o mediador actúe de oficio, este aceptou e convocou ás dúas partes a unha xuntanza para referendar unha solución
Fabiola García salienta a coraxe e os valores da refuxiada afgá Nadia Ghulam, quen compartiu a súa experiencia nos módulos Nelson Mandela
Agradeceulle as visitas que realizou esta semana aos participantes no proxecto de inclusión que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar está a levar a cabo nas prisións da Lama e Teixeiro
A Xunta garante a gratuidade das escolas infantís municipais tras regularizar o concello vigués os pagos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, celebrou que o alcalde de Vigo entrase en razón e aboase a débeda que acumulou ao longo dos últimos anos, o que permitirá a unhas 400 familias viguesas beneficiarse desta medida pioneira