Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

27/03/22 | 12:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica unha guía para facilitar a posta en marcha de centros de servizos sociais en Galicia

O documento recolle todos os procedementos, requisitos e tipoloxías dos equipamentos nos que se desenvolvan dun xeito estable e continuado servizos, programas e actividades de servizos sociais nas distintas áreas

26/03/22 | 12:00 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que o 60% dos 200 mozos que participaron no Xuventude Mentoring encontraron traballo ou están a ampliar a súa formación

Nesta primeira edición adheríronse ao programa 20 entidades e participaron preto de 150 mentores que apoiaron e asesoraron ás mozas e mozos na transición ao emprego

25/03/22 | 15:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta o programa Primavera Xove 2022 para ofrecer alternativas de ocio seguro para a xuventude

Este programa realizouse por vez primeira o ano pasado e permite dar alternativas ás mozas e mozos de entre 14 e 18 anos durante os meses de abril e maio

25/03/22 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social sinala que as persoas en situación de exclusión social de Ourense contan cun aliado fundamental en Cáritas

O Goberno galego destina preto de 570.000 de euros a esta entidade con cargo á orde do 0,7% do IRPF e das axudas a entidades sociais

25/03/22 | 12:06 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anima a construír unha sociedade na que toda a xuventude poida demostrar o que vale

No encontro participaron tres relator con historias motivadoras como a fotógrafa Angélica Dass, o exfutbolista Julio Alberto Moreno e o creador da ONG Ayúdame 3D, Guillermo Martínez

24/03/22 | 13:57 | C. de Política Social e Igualdade

Gabriel Alén salienta que a gratuidade das escolas infantís da provincia e de Galicia garante o acceso de todas as familias a un servizo esencial de conciliación

O delegado territorial subliñou que “a medida adoptada pola Xunta, cunha educación infantil universal, é pioneira entre todas as comunidades autonómicas e supón un investimento do Goberno galego de 30 millóns de euros, para beneficiar a máis de 30.000 familias”

24/03/22 | 11:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo de suxestións para definir a normativa e características do 'cohousing' sénior

As persoas interesadas en realizar achegas sobre os proxectos de aloxamentos compartidos destinados ás persoas maiores terán de prazo ata o 18 de abril para presentalas por vía electrónica