Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

30/03/22 | 14:54 | C. de Política Social e Igualdade
30/03/22 | 14:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberto ata o 8 de abril o prazo de matrícula nas 20 escolas infantís autonómicas de Lugo, que serán gratuítas para todo o alumnado

O delegado territorial, Javier Arias, salienta que as familias terán a matrícula e a atención educativa sen custo en todos os centros, con independencia da súa titularidade

30/03/22 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Usuarios da Residencia de Maiores das Gándaras comparten actividades de lecer con cans adestrados

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou o desenvolvemento dunha das sesións na que participaron persoas en situación de dependencia

30/03/22 | 13:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará obras de mellora na escola infantil de Covelo por valor de 16.000 euros

Renovarase o chan das aulas, da sala de usos múltiples e da zona de sono para mellorar as condicións de illamento; e colocarase un toldo exterior

30/03/22 | 12:25 | C. de Política Social e Igualdade

Martina Aneiros recorda que ata o 8 de abril poderase solicitar praza nas escolas infantís para o primeiro curso no que serán gratuítas para todos os nenos

Lembra que se trata dunha medida pioneira do Goberno galego, que asumirá o 100% do prezo que antes pagaban as familias pola matrícula e a atención educativa

30/03/22 | 11:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achegará 450.000€ cada ano para blindar o funcionamento do novo centro de día de autismo de Aspanaes no Monte do Gozo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, participaron na inauguración deste novo equipamento

29/03/22 | 17:05 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia participa na creación dun indicador que permita localizar zonas territoriais en risco demográfico en España

O Indicador Multidimensional de Situación y Sinopsis Territorial (Insiste) estase a realizar a través dun grupo de traballo específico no que participan todas as Comunidades Autónomas e o Goberno Central

29/03/22 | 12:15 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que a Xunta levará servizos especializados para maiores á porta da casa de máis de 100.000 galegos

“A partir de hoxe, oito autobuses comezarán a percorrer a xeografía galega e permanecerán entre tres e catro días en cada concello”, di, subliñando que deste servizo poderán beneficiarse as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito totalmente gratuíto

28/03/22 | 14:25 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García subliña o impulso histórico da Xunta na atención á discapacidade para facer de Galicia unha terra de oportunidades para todos

Destacou que nos Orzamentos de 2022 o Goberno galego achegou máis fondos ca nunca antes a este eido, 142 millóns de euros

28/03/22 | 12:22 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social ten aberto ata o 8 de abril o prazo de matriculación nas tres escolas infantís públicas autonómicas de Marín

O vindeiro curso será o primeiro no que todas as nenas e nenos de 0 a 3 anos terán gratuíta a atención educativa en todas as escolas, independentemente da súa titularidade