Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta de Galicia pon en marcha un plan de formación de xuventude e voluntariado que chegará a máis de 2400 persoas
O Programa incluirá 37 cursos presenciais e 20 en liña orientados á formación básica e en ámbitos específicos da acción voluntaria, que permitan complementar o currículo
Política Social avanza coa colaboración da Asociación Galega de Directores de residencias sociais no Plan de formación de persoal
Este encontro, realizado no marco de reunións que se realizan co sector, serviu para que a entidade fixese achegas á Consellería sobre a formación dos profesionais de cara a mellorar a calidade do servizo
Os beneficiarios do bono social térmico e do seu complemento extraordinario xa poden consultar a axuda que lles corresponde
Máis de 66.400 familias galegas beneficiaranse desta achega ás familias máis vulnerables para paliar a pobreza enerxética derivada da actual situación
A Xunta comproba o resultado das obras de mellora realizadas no centro de día e na escola infantil públicos de Toén
As actuacións financiadas ascenden no seu conxunto a case 18.000 euros
Fabiola García sinala que a Xunta aprobará antes de que remate o ano a nova estratexia de inclusión social da poboación xitana
Destaca que Galicia foi a primeira Comunidade en contar no ano 2014 cunha estratexia específica para a súa atención e integración
Martina Aneiros enxalza o labor da Fundación Secretariado Gitano en Ferrol en prol da consecución da igualdade de oportunidades deste colectivo
A delegada territorial da Xunta en Ferrol visitou hoxe a sede que a entidade ten na cidade onde puido coñecer as súas liñas de traballo, servizos e programas en marcha
O Espazo Xove de Lalín acolle catro obradoiros dirixidos á mocidade no marco do programa Primavera Xove
Celébranse talleres de graffiti, beatbox e rap; de novas tecnoloxías; de cócteles sen alcol e de música urbana