Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

16/04/22 | 12:56 | C. de Política Social e Igualdade

O Programa coidados Porta a porta atendeu máis de 850 persoas das catro provincias nos seus primeiros 15 días en funcionamento

Os autobuses despregados pola Xunta de Galicia polas catro provincias ofrecen servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria para as persoas maiores

16/04/22 | 09:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia elabora un protocolo para facilitar o acceso dos menores adoptados ou extutelados que o desexen ás súas orixes biolóxicas

O documento busca regular a actuación que deberán seguir os Gabinetes de Orientación Familiar para mediar e acompañar a ambas partes durante o proceso

15/04/22 | 10:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta estende o programa Xantar na casa ao concello da Pobra de Trives

Beneficiará inicialmente a 15 veciñas e veciñas do municipio ourensán, coa posibilidade de que sexan máis se existe unha demanda maior

14/04/22 | 13:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta renova o compromiso de colaboración con Asfega para a celebración da súa xornada de convivencia anual

A entidade celebra un encontro na Residencia de Tempo Libre do Carballiño para avanzar na concienciación e sensibilización destas enfermidades metabólicas

14/04/22 | 12:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia premia as mellores declaracións de amor do undécimo certame ‘Lingua de namorar’

Na categoría A, de 14 a 19 anos, foron galardoados os traballos ‘A flor baixo a neve’, da ourensá Carmen Fernández Margusino, ‘Amor Contraditorio’ e Desde ‘Vilamor ata Fisterra’

13/04/22 | 13:35 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que a programación xuvenil da Xunta permite que se viva todo o ano “a diversión, as experiencias e as amizades” que nacen nos campamentos de verán

O programa Primavera Xove ofrece 1700 prazas para que mozas e mozos realicen actividades durante os meses de abril e maio, como estadías esta Semana Santa en albergues xuvenís

12/04/22 | 12:19 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia a creación dunha oficina itinerante de información para persoas refuxiadas da guerra en Ucraína

Esta unidade móbil comezará a funcionar a vindeira semana e achegará información á poboación ucraína sobre que servizos están á súa disposición e sobre como regular a súa situación na nosa Comunidade

11/04/22 | 16:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia pide ao Goberno central que estableza criterios homoxéneos sobre as medidas de protección para os menores procedentes de Ucraína

O Goberno galego tamén instou á Administración estatal a facilitar previsións de chegada das nenas, nenos e adolescentes non acompañados que cheguen do país a causa da guerra iniciada por Rusia