Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

04/06/22 | 20:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala que a gratuidade das escolas infantís representa un paso en firme a favor da conciliación e da educación de 0-3 anos

Fabiola García lembra que Galicia foi pioneira este curso en aplicar a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos e volverá a ser pioneira o curso que vén coa gratuidade de todas as escolas infantís para todos os nenos de Galicia

03/06/22 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta coñece os proxectos postos en marcha por sete centros galegos ao abeiro do programa 'Voluntariado Miúdo: Móvete'

Esta iniciativa, enmarcada no Plan Proxecta, promoveu o desenvolvemento este curso de sete proxectos de voluntariado de proximidade polos estudantes de primaria de varios centros galegos

03/06/22 | 13:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta amplía a vixencia do título de familia numerosa ata os 21 anos do primeiro fillo

Beneficiará ás 27.000 familias numerosas de Galicia que xa non terán que renovar este documento cada catro anos coma ata o de agora

03/06/22 | 13:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta duplicou os fondos destinados á área de inclusión social no período 2009-2021 ata acadar os 145 millóns de euros

Trabállase na nova Estratexia de Inclusión Social co horizonte 2030 e no desenvolvemento da Axenda Social Única de Galicia 2014-2020

02/06/22 | 17:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a licitación do derrubamento do inmoble onde se emprazará a futura residencia de maiores de Ribeira

O orzamento para esta actuación supera os 540.000 euros e poderanse presentar ofertas ata o 23 de xuño
 
O novo centro de atención a persoas maiores contará cun investimento de 10 millóns de euros, 100 prazas públicas de atención e converterase na primeira residencia en aplicar as innovación do novo modelo residencial
02/06/22 | 15:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará o proxecto para a rehabilitación dos lavadoiros tradicionais en Vigo con 450.000 euros para a contratación de persoas perceptoras de Risga

A delegada territorial da Xunta en Vigo informou da aprobación do subvención para a contratación temporal do persoal

02/06/22 | 14:11 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia consolídase como unha das comunidades autonómicas con maior porcentaxe de persoas dependentes atendidas

A nosa Comunidade conta na actualidade con máis de 66.000 dependentes atendidos, o que sitúa a ratio de cobertura no 95%

02/06/22 | 10:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a contratación de 63 perceptores da Risga en doce concellos das bisbarras de Pontevedra e Caldas cunha achega de 906.000€

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta nova concesión, orientada a reforzar os servizos públicos e a garantir a inclusión social destas persoas desempregadas, tras unha reunión na que analizou a resolución definitiva coa xefa territorial de Promoción do Emprego e Igualdade, Marta Mariño

01/06/22 | 13:38 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta o compromiso cunha Galicia con máis e mellores servizos para todos os galegos “vivan onde vivan”

Incide en que a atención aos maiores é competencia de todas as administracións