Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

31/01/20 | 11:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta homenaxea a Concepción Arenal no 200 aniversario do seu nacemento

Destaca o seu importante papel na procura da igualdade entre mulleres e homes, así como o seu rol pioneiro na mellora dos dereitos sociais

30/01/20 | 17:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia colaborará na construción dunha nova residencia en Padrón

A Consellería de Política Social financiará parte do proxecto que ofrecerá 60 novas prazas de atención ás persoas maiores

29/01/20 | 14:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Tarxeta Benvida da Xunta beneficiou dende o ano 2016 ás familias de case 6.000 nenos e nenas da provincia de Lugo

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, sinalou que o investimento aproximado foi de 8 millóns de euros

28/01/20 | 16:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia abre unha nova unidade na escola infantil de Carril e reincorpora ao persoal trasladado

Informouse ás familias desta medida coa que o centro volverá contar cun cadro de persoal de 12 profesionais de atención educativa, por encima do que esixe a normativa

28/01/20 | 14:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achegará 120.000€ para a construción dun centro social interxeneracional en Coristanco

O Concello acondicionará un inmoble sen uso para dotar o municipio dun novo recurso para maiores e mozos

28/01/20 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta seguirá creando novas prazas públicas de dano cerebral en Galicia

O Goberno galego multiplicou por cinco as prazas públicas para a atención ao dano cerebral adquirido durante os últimos dez anos ata chegar ás 125 en toda Galicia

26/01/20 | 11:11 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha un novo programa de voluntariado para o acompañamento en hospitais e centros de saúde

Mañá luns ábrese o prazo de inscrición neste programa de humanización para as áreas sanitarias de Lugo e Ourense

25/01/20 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social visita a residencia de Vila do Conde de Gondomar, á que destina 713.000 euros anuais

O Goberno galego incrementou nun 5,2% o orzamento dedicado neste 2020 á atención á dependencia

25/01/20 | 10:17 | C. de Política Social e Igualdade

Abre o prazo de presentación de ofertas para a xestión de dous centros de atención a menores da Coruña

Trátase das instalacións Concepción Arenal e o de intervención educativa en medio aberto (CIEMA), actualmente xestionadas pola Fundación Camiña Social

24/01/20 | 14:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste 170.000 euros nos programas de inclusión social da entidade viguesa Emaús, o dobre que hai dez anos

Fabiola García destaca o compromiso do Goberno galego coas persoas en situación de especial vulnerabilidade para o que elaborou o primeiro Plan de Atención ás Persoas Sen Fogar