Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta realiza un novo envío de 119.684 unidades de material de protección para facer fronte á covid-19 ás residencias e entidades sociais da provincia da Coruña
Esta semana enviouse unha nova partida a 100 centros de 55.983 máscaras, 62.970 luvas e 731 traxes antisalpicaduras
A Xunta autoriza aos centros de día a prestar atención terapéutica individual con cita previa aos seus usuarios
Este servizo prestarase con todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias
Mañá remata o prazo de solicitude de axudas para crear casas niño no 100% dos concellos rurais sen servizos de conciliación
Esta liña de achegas conta cun crédito de dous millóns de euros para a adecuación dos inmobles e financiar a actividade, que é gratuíta para as familias
A Xunta analiza coas residencias de maiores e de persoas con discapacidade da área de Pontevedra o plan de reactivación sociosanitaria
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra xunto ao director xeral de Maiores fixeron un seguimento da situación actual con 46 responsables destes centros
A Xunta presenta aos axentes sociais o paquete de medidas extraordinarias de conciliación para a infancia e a dependencia
Fabiola García sinala que a volta á normalidade fai preciso devolver os servizos de conciliación ás familias atendendo ás medidas de seguridade
A Xunta avanza un apoio de máis de 16 millóns de euros para as familias usuarias de centros de día
Por prudencia, deberán permanecer coas súas actividades suspendidas ata que poidan retomar o funcionamento con todas as garantías, na liña do que decidiu a maioría das comunidades autónomas
A Xunta destina 380.000 euros a financiar tres novas unidades de atención temperá e consolidar outras tres na provincia de Lugo
O delegado territorial da Administración galega, José Manuel Balseiro, explicou que a cobertura deste servizo chega a 23 concellos lugueses
A Xunta financia 11 unidades de atención temperá na provincia da Coruña das cales 3 son de nova creación
Un total de 48 concellos coruñeses contan con este servizo, ao que se destinan máis de 771.000 euros
A Xunta financia unha nova unidade de atención temperá e consolida outras dúas que xa están en funcionamento na área de Vigo
O Goberno galego asigna a Mos, Cangas e Gondomar 227.498 euros
Feijóo destaca un paquete extraordinario de medidas de conciliación para, cun investimento de 40 millóns de euros, atender ás necesidades que rexorden coa desescalada
As familias con nenos de ata 12 anos contarán cunha axuda de 500 euros ao mes e estará vixente mentres estean pechados os centros, podéndose aplicar con efectos retroactivos desde a declaración da emerxencia sanitaria