Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

17/06/20 | 13:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta oferta 1.809 prazas en 12 campamentos de verán na provincia da Coruña

A proposta de actividades inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado e como novidade minicampamentos de cinco días

17/06/20 | 12:51 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anima ás familias galegas a participar no programa de acollemento de menores da Xunta

Agradeceu os coidados, dedicación e cariño que lle prestan aos pequenos do sistema de protección de menores da Xunta e, en especial, o esforzo realizado no confinamento

16/06/20 | 17:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada ás entidades de inclusión social que a tarxeta moedeiro para necesidades básicas poderá comezar a solicitarse neste mes de xuño

Detállalles tamén o proceso para solicitar catro programas de axudas destinados a garantir o acceso e mantemento da vivenda en réxime de alugueiro a arredor de 8.000 familias, cun investimento total de 20 millóns de euros

16/06/20 | 17:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ofrece 1.525 prazas nos campamentos de verán da provincia de Pontevedra

A proposta de actividades inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado, e novas actividades no albergue de Lalín, Colexio Cemar de Mondariz Balneario, Granxa Escola El Kiriko, Granxa Escola de Tomiño, RTL de Panxón e o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo

16/06/20 | 14:58 | C. de Política Social e Igualdade
15/06/20 | 18:25 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta
15/06/20 | 12:27 | C. de Política Social e Igualdade

Mañá abre o prazo de inscrición nos campamentos de verán da Xunta que contarán cun total de 6.872 prazas

A proposta de actividades inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado, e como novidade minicampamentos de cinco días e actividades nas residencias xuvenís de Lugo e Ourense

12/06/20 | 17:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica as convocatorias para axudar aos centros de día e de atención á infancia no pagamento dos seus custes mentres permanezan pechados

Consistirán nunha subvención que pode acadar ata o 100% dos seus custes fixos, a razón de 4000 euros ao mes

12/06/20 | 17:30 | C. de Política Social e Igualdade

O Bono coidado extraordinario da Xunta tamén cubrirá as excedencias e as reducións de xornada por coidados a fillos, a maiores ou persoas con discapacidade

Aquelas persoas que tomasen esta decisión poderán beneficiarse dun bono de 500 euros mensuais para compensar o descenso salarial relativo á redución de xornada ou á excedencia

11/06/20 | 15:30 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta avalía coas entidades de inclusión as primeiras medidas do plan social poscovid para atender as necesidades máis urxentes dos fogares vulnerables

Durante estes meses o Goberno galego reforzou o seu apoio ao tecido social para garantir a súa actividade, axudar ás familias con menores ingresos e prestar coidados a domicilio ás persoas que o precisan