Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Sanidade suaviza as restricións nos concellos de Vedra, O Pino, Mugardos, Viveiro, Toén e San Cibrao
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou en rolda de prensa desta decisión tras a xuntanza do Subcomité clínico, que tamén acordou incorporar os concellos de Cee, Dumbría, Muxía, Ribadumia, Meis e Meaño aos municipios con restricións especiais
A Xunta promociona novos talentos no ámbito da moda e do deseño de xoias a través do programa Xuventude Crea
En Moda o primeiro premio foi para Ana María Vázquez Fernández, de Cambre, coa obra ‘Hand(some)’
Feijóo anuncia que Galicia fará cribados semanais das residencias sociosanitarias
Subliña que esta medida é un dos obxectivos da adquisición de 3 millóns de tests de antíxenos anunciada onte no Parlamento
Fabiola García anuncia un plan de reforzo do Servizo de Axuda no Fogar para atender a 6.000 persoas máis que agora
Destacou que na actualidade 24.000 galegas e galegos se benefician do SAF e que Galicia é a comunidade con maior porcentaxe de atención a través deste servizo
Fabiola García avanza que antes de que remate o ano reactivaranse os traballos para a actualización da Axenda Social Única
Apela ao consenso para estar á atura das necesidades das galegas e galegos
Política Social súmase á nova campaña de Nadal de Fegerec de apoio ás persoas que padecen enfermidades raras
O obxectivo é concienciar á sociedade sobre estas doenzas e recadar fondos para o programa asistencial sociosanitario da federación coa venda en farmacias e comercios de ‘bastóns máxicos’, doces de caramelo sen glute nin lactosa
Fabiola García tende a man para lograr aprobar por unanimidade a Lei de impulso demográfico
Apunta que entre a súa fase de anteproxecto e a proposta elevada ao Pleno da Cámara cambiou o 44% do articulado do texto
Feijóo resalta que a Xunta contará en 2021 con máis de 125 millóns de euros para loitar contra a exclusión social, a maior cifra da historia da autonomía
Destaca a blindaxe do orzamento da Risga, con 64,4 millóns, a pesar da entrada en vigor do ingreso mínimo vital; e o incremento do 35% do orzamento das axudas de inclusión social
Política Social recoñece o talento na cociña de mozas e mozos galegos a través do programa Xuventude Crea 2020
O primeiro premio foi para Shewit Pérez Izaguirre Martínez, o segundo para Andrea Maseda Prado e Miguel Morán, e o terceiro para Javier Lojo
Fabiola García sinala Ourense como a cidade galega que recibirá o maior investimento para obras de servizos sociais en 2021
Destaca o aumento récord na historia de Galicia destinado a investimento social que ascende a 8.540 millóns de euros, 864 millóns máis ca en 2020