Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

02/02/21 | 12:27 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que a Xunta cuadriplicará este ano a cobertura das casas do maior ata chegar aos 80 centros

O Goberno galego destina 515.000 euros para o mantemento dos 20 centros en funcionamento na actualidade

01/02/21 | 12:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta habilita un espazo exterior na residencia de Burela para que as persoas usuarias poidan saír e practicar deporte

Tamén se licitaron obras tanto para a renovación da carpintería exterior como das ventás por un importe de 190.000 euros

30/01/21 | 12:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta continúa os traballos para a reforma da Lei de Inclusión Social de Galicia en colaboración cos axentes sociais

O obxectivo é adaptar a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) e as Axudas de Inclusión Social (AIS) ao novo contexto xurdido coa posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital

29/01/21 | 15:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega máis de 300.000 euros á Fundación Secretariado Gitano para iniciativas de inclusión sociolaboral e educativa

O Goberno galego incrementa un 10% a contía destinada a Promociona, que busca a evitar o abandono escolar temperá

27/01/21 | 19:28 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que a prevención e os avances na vacinación fixeron das residencias os lugares máis protexidos de Galicia

A segunda dose da vacina rematará de administrarse a todos os traballadores e usuarios nos próximos días

27/01/21 | 17:21 | C. de Política Social e Igualdade

O Comité Asesor Sociosanitario comeza a traballar nas liñas xerais do novo modelo de residencias

Atenderá as novas necesidades xeradas a raíz da covid-19 e mellorará os servizos residenciais para a era poscovid

27/01/21 | 10:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a orde de axudas para dar continuidade ás casas do maior cun investimento de 515.000€

O Diario Oficial de Galicia recolle a apertura de prazo para solicitar estas subvencións, que permiten o mantemento de 20 unidades repartidas polas catro provincias

26/01/21 | 13:18 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada á Comisión Europea as liñas xerais da Lei de impulso demográfico e as medidas que impulsou Galicia neste eido

O Parlamento galego debate hoxe a aprobación definitiva desta norma, que converte a Galicia na primeira comunidade autónoma en elevar a cuestión demográfica a rango de Lei

26/01/21 | 11:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a orde de axudas para a posta a disposición dos concellos dun total de 35 unidades de atención temperá

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe estas subvencións, que incrementan nun 50% o seu orzamento ata chegar aos 3 millóns de euros

24/01/21 | 09:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta desenvolve cursos para facilitar a entrada no mercado laboral de persoas en risco de exclusión social

Programáronse accións formativas de manipulador de alimentos, caixeiro-repoñedor, operador de carretilla elevadora e educación vial nos concellos de Barbadás, Boiro, Ordes, Ribadeo e Vilagarcía, así como no centro penitenciario de A Lama