Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

09/03/22 | 12:39 | C. do Medio Rural

Axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais e da Policía Autonómica esclarecen cinco incendios forestais no concello de Mazaricos

A investigación levada a cabo polos axentes da UIFO, así como a declaración dunha testemuña, foron claves na detención do presunto autor dos lumes, que foi detido e posto a disposición do Xulgado de Garda de Muros polos axentes da Policía Autonómica

08/03/22 | 12:38 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Estado avanzan na súa colaboración a prol da sustentabilidade do agro na comarca da Limia

Na xuntanza abordáronse, xunto cos representantes dos regantes, os trámites necesarios para a execución dos 42 novos pozos de sondaxe de auga previstos

08/03/22 | 10:26 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía o prazo de solicitude e autoriza o pago de anticipos das axudas para a incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e a creación de pequenas explotacións

O DOG publica hoxe a orde que prolonga o prazo de presentación de solicitudes deica o 11 de abril de 2022, mentres as obras e construcións que precisen de licenza municipal ou doutros permisos deberán presentalos, como tarde, o 15 de setembro

07/03/22 | 17:24 | C. do Medio Rural

Galicia demanda ao Goberno central a convocatoria urxente dunha conferencia sectorial extraordinaria sobre as consecuencias no agro da invasión rusa de Ucraína

A Xunta insta ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación a que conte coas comunidades autónomas á hora de planificar a adopción de medidas para atallar a crise

07/03/22 | 12:37 | C. do Medio Rural

A Xunta distribuíu 16,7M€ en axudas para mellorar as explotacións agrogandeiras e incorporar a un centenar de mozos ao sector en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, lembrou que está aberto o prazo para solicitar novos apoios ao abeiro destes programas

07/03/22 | 12:05 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Estado investirán 36 M€ para potenciar o agro na Limia de xeito sustentable grazas ás xestións do Goberno galego

Destes fondos, 16 millóns servirán para modernizar o regadío, outros catro -aportados pola Xunta- serán para a construción de 42 pozos e os 16 restantes foron xestionados polo Goberno galego ante Madrid para a limpeza das canles e dos camiños paralelos

07/03/22 | 10:39 | C. do Medio Rural

Preto de 40 solicitantes recibirán case 3,4 M€ da Xunta para fomentar a elaboración e a comercialización de produtos vitivinícolas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que recolle un total de 39 beneficiarios da convocatoria do ano pasado destas achegas

07/03/22 | 10:25 | C. do Medio Rural

A Xunta ingresará un importe superior aos 1,13 M€ a máis dunha vintena de beneficiarios para promocionar os viños galegos fóra da Unión Europea

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que lle dá publicidade aos beneficiarios destas achegas convocadas en 2021, que buscan dar a coñecer os nosos viños nos mercados de terceiros países

06/03/22 | 11:26 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Trazo estudan a posibilidade de implantar polígonos agroforestais para a produción de forraxe para o gando

José González sinalou que a implantación desta ferramenta de recuperación e posta en valor da terra, recollida na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, permitirá poñer en produción grandes áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva

05/03/22 | 11:21 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste 156.000 euros na mellora de pistas forestais e cortalumes en montes do distrito I - Ferrol

Os traballos de prevención localízanse en distintos montes de xestión pública dos concellos de Monfero, A Capela, Ortigueira, Cariño e Cedeira