Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

20/03/22 | 12:31 | C. do Medio Rural

A Xunta continúa formando aos profesionais do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais sobre a seguridade no uso de vehículos todoterreo

O obxectivo desta acción é formar aos profesionais en técnicas específicas de condución destes medios, tanto desde o punto de vista teórico como práctico

20/03/22 | 12:24 | C. do Medio Rural

A IXP Pan Galego protagonizará un concurso de debuxo escolar a semana vindeira e estará presente no próximo partido entre o Club Baloncesto Ourense e o Club Ponferrada

A través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, no encontro que terá lugar o sábado 26 haberá carteis promocionais desta indicación xeográfica protexida e os asistentes recibirán unha peza de Pan Galego

19/03/22 | 17:12 | C. do Medio Rural

A Xunta insta ao Estado a asegurar a entrada de pensos ás explotacións e a recollida do leite das granxas e da carne dos matadoiros para garantir a supervivencia do sector primario

O Goberno galego urxe de novo á Delegación do Goberno en Galicia a que actúe diante da parálise do sector primario e para que se garantan os servizos esenciais no paro do transporte

19/03/22 | 12:32 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 100.000 euros a arranxar camiños municipais do concello lucense de Chantada afectados polo pedrazo

As obras -enmarcadas no Plan de Infraestruturas Rurais da Consellería do Medio Rural- localízanse nas parroquias de San Fiz de Asma e Santa María de Pesqueiras

19/03/22 | 12:26 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalzará no I Encontro do Viño Galego que se celebra a semana vindeira en Santiago os viños, augardentes e licores tradicionais amparados por selos de calidade

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, en colaboración cos consellos reguladores das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, participará no Túnel do Viño con máis de 200 referencias, así como co espazo Experiencias de Calidade

18/03/22 | 13:39 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o exhaustivo traballo por coñecer e informatizar todas as hectáreas forestais de Galicia

José González puxo en valor a Estratexia de Dixitalización e Descarbonización (D&D), unha iniciativa pioneira na que o uso da tecnoloxía blockchain e da intelixencia artificial contribúe a acelerar os procesos produtivos deste sector, entre outras cousas

18/03/22 | 11:37 | C. do Medio Rural

A Xunta anima a empresas e particulares a participar na segunda consulta pública ao mercado do proxecto “Aldeas intelixentes, solucións de futuro para aldeas sostibles”

Na primeira consulta preliminar, 124 pemes e 44 corporacións presentaron un total de 168 propostas coas que dar resposta a un ou a varios dos retos propostos pola Consellería do Medio Rural

18/03/22 | 10:26 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición do monte Soutos de Parada de Sil-Canón do Sil no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas

O DOG publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete a información pública este procedemento de inscrición no devandito rexistro

17/03/22 | 16:58 | C. do Medio Rural

A Xunta notifica as novas parcelas aos 722 propietarios da parcelaria de Val de Camba e abre o prazo de recursos durante un mes

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, asistíu, no Campo da Feira de Río, á reunión informativa cos beneficiarios deste proceso, que recibirán as fichas individuais dos predios de substitución

17/03/22 | 16:03 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia a tramitación do anteproxecto de Lei da calidade alimentaria de Galicia coa pretensión de aprobala este mesmo ano

Feijóo destaca que Galicia se converterá así na primeira Comunidade Autónoma que regula unha certificación de sustentabilidade para a produción alimentaria