Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

31/03/22 | 17:11 | C. do Medio Rural

A Xunta pide ao Goberno central que dea prioridade ao vacún de carne no reparto das axudas que están pendentes de asignar do Plan de choque para os sectores agrarios

Galicia lembra que este sector está formado por pequenas e medianas explotacións en extensivo, con base territorial e que conta cunha indicación xeográfica protexida de referencia a nivel nacional, como é Ternera Gallega

31/03/22 | 14:50 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

A Xunta expón a futura Lei de montes veciñais en man común ás achegas dos cidadáns para convertela nunha ferramenta útil contra o abandono do rural e a infrautilización do monte

Feijóo asevera que con esta nova normativa a Administración autonómica cumpre as previsións do Plan Forestal e a recomendación do ditame da comisión forestal do Parlamento

31/03/22 | 12:24 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor as agrupacións forestais de xestión conxunta e os polígonos agroforestais impulsados pola Lei de recuperación para avanzar na anticipación aos incendios

No taller estanse a analizar os proxectos de xestión iniciados nas zonas piloto propostas polos concellos que colaboran na iniciativa (Carballeda de Avia, Arbo, As Neves, Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas), co gallo de extraer conclusións

31/03/22 | 10:32 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste máis de 35.000 euros en executar rozas preventivas nunhas 60 hectáreas do distrito XII Miño-Arnoia

Rozáronse faixas auxiliares e áreas cortalumes en Ourense, Toén, Barbadás, Baños de Molgas, A Bola, Gomesende, Padrenda, Pontedeva e Quintela de Leirado

As accións enmárcanse no Plan preventivo da Consellería do Medio Rural, que contou cun orzamento de case 30 millóns de euros no ano 2021 para actuar en máis de 58.000 hectáreas e nuns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación
 

30/03/22 | 13:28 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins

Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 40 hectáreas, das cales 10 foron de monte arborado e 30 de monte raso

30/03/22 | 12:02 | C. do Medio Rural

A Xunta remata a parcelaria de Beán-Pereira II, no concello de Ordes, onde investiu máis de 2,5 millóns de euros

Este proceso permitiu reorganizar unha superficie de case 1.340 hectáreas, o que permitiu paliar o minifundismo presente na zona, dende o punto de vista da estrutura da propiedade

30/03/22 | 10:36 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 3 M€ en axudas á reestruturación e reconversión dos viñedos galegos para aumentar a profesionalización do sector

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde de achegas, cuxo prazo de presentación de solicitudes arranca mañá e se prolongará durante un mes

30/03/22 | 08:45 | C. do Medio Rural

Controlado un incendio forestal no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins

Segundo as últimas estimacións, rolda as 40 hectáreas de superficie afectada provisional

29/03/22 | 10:03 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 200.000 euros ás axudas para a nova participación de produtores en réximes de calidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución coas bases da convocatoria, que contempla como subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade, así como a cota anual de participación

28/03/22 | 16:36 | C. do Medio Rural

A Xunta e o concello da Veiga avanzan na recuperación e posta en valor de terras neste municipio ourensán para o seu aproveitamento agrogandeiro e forestal

Traballarase na revitalización dun souto de castiñeiros en estado de abandono ao abeiro da Lei de recuperación e tamén seguirán impulsándose diferentes pasteiros no termo municipal, na liña do que se está piques de rematar, de case 31 hectáreas