Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

06/04/22 | 13:20 | C. do Medio Rural

A Xunta pon a empresa Innolact como exemplo de I+D+i no sector lácteo galego, apostando pola diversidade de produtos nun mercado cada vez máis esixente coa calidade

José Balseiros coñeceu os proxectos levados a cabo ao longo destes últimos anos grazas a axudas da Consellería do Medio Rural, como é o caso da súa planta de biogás para tratar os residuos co obxecto de producir enerxía

06/04/22 | 11:06 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía o prazo de solicitude das axudas para silvicultura ao estender a Pontevedra e Ourense as accións contra as enfermidades fúnxicas defoliadoras do piñeiro

A orde que publica hoxe o DOG modifica así unha das novidades da convocatoria do 24 de febreiro, para que as subvencións de accións silvícolas de prevención dos danos das enfermidades fúnxicas defoliadoras no piñeiro abranguen toda a comunidade

05/04/22 | 17:23 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do Concello de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 20 hectáreas, 18 delas arboradas e o resto de monte raso

05/04/22 | 15:24 | C. do Medio Rural

A Xunta reitera a súa chamada ás deputacións galegas para que se impliquen na prevención de incendios forestais como xa fai a de Ourense

José González sinalou que por parte da Consellería se lle pediu repetidamente colaboración ás catro deputacións e que só respondeu a esta demanda a de Ourense e preguntou ao grupo socialista se vai pedir aos entes provinciais nos que goberna que se impliquen neste traballo

05/04/22 | 13:54 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor ante os alumnos da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra os obxectivos do Plan Forestal 2021-2040 e da Estratexia de Dixitalización e Descarbonización

José Luis Chan agradeceu a oportunidade brindada para compartir cos “futuros profesionais técnicos do sector forestal” as principais liñas que a Consellería do Medio Rural está a desenvolver en materia de montes

05/04/22 | 13:08 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

05/04/22 | 11:01 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

05/04/22 | 10:10 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición de parte do monte Covelo da Lama no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

O DOG publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete a información pública este procedemento de inscrición no devandito rexistro

05/04/22 | 09:20 | C. do Medio Rural

A Xunta prohibe as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas

Isto implica que dende hoxe non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste momento

05/04/22 | 08:29 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas