Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

09/04/22 | 12:20 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza os avances no Centro Integral para a loita contra o lume do municipio ourensán de Toén

José González salientou que xa están practicamente operativos o circuíto de adestramento de bombeiros forestais e a pista para as prácticas de condución de vehículos 4x4 e motobombas

08/04/22 | 10:28 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 40.000 euros na creación e mantemento de faixas auxiliares e na roza de pistas do distrito forestal XIX Caldas-O Salnés

Os labores preventivos -desenvolvidos entre este ano e o pasado 2021- estanse a realizar en zonas declaradas de alto risco de rexistrar incendios forestais dos concellos de Meis, Barro, Pontevedra, Poio, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa

07/04/22 | 13:52 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia a segunda fase do proceso participativo para a elaboración do plan integral de recuperación da área sur oriental de Ourense cunha mesa sobre o turismo

En total, haberá talleres en cada un dos 10 concellos implicados e cinco mesas temáticas para priorizar e recoller máis propostas de dinamización do territorio, tras rematar coa primeira fase do proceso na que participaron preto de 80 axentes

07/04/22 | 13:39 | C. do Medio Rural

A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe

Extinguidos os lumes de Agolada (parroquia de Vilariño), do Irixo (parroquia de Parada de Labiote) e de Piñor (parroquia de Torcela)

07/04/22 | 11:00 | C. do Medio Rural

A Xunta alleará 23 lotes de madeira de máis de 21.000 toneladas por 427.000 euros nunha próxima poxa pública electrónica que se celebrará na Coruña

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se fai pública a convocatoria desta poxa telemática, que ten previsto celebrarse o 25 de maio na xefatura territorial da Consellería do Medio Rural

07/04/22 | 10:30 | C. do Medio Rural

A Xunta concede 200.000 euros de axudas a 10 asociacións de criadores para fomentar as razas autóctonas galegas

O DOG publica hoxe a resolución coas axudas concedidas ao abeiro da convocatoria de 2022 para modernizar o sector en materia de xenética, sanidade e produción animal, así como para garantir a rendibilidade das explotacións

07/04/22 | 10:30 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,00 h. de hoxe

Estabilizado un lume no concello do Irixo, parroquia de Parada de Labiote, que afecta provisionalmente unhas 20 hectáreas de superficie

07/04/22 | 08:47 | C. do Medio Rural

Controlados dous incendios forestais rexistrados no concello pontevedrés de Agolada e no ourensán de Piñor

O lume de Agolada localízase na parroquia de Vilariño e afecta unhas 20 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais

06/04/22 | 22:45 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal no concello de Piñor, parroquia de Torcela

Segundo novas estimacións, afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas

06/04/22 | 20:30 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello de Piñor, parroquia de Torcela

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas