Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Activo un incendio forestal no concello lugués de Palas de Rei, parroquia de Moredo
Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional superior ás 20 hectáreas
Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Ames, parroquia de Covas
Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 20 hectáreas arboradas
A Xunta pon a feira do viño de Quiroga e a denominación de orixe Ribeira Sacra como exemplos da calidade que debe servir de panca para a recuperación e dinamización do rural
José González referiuse á Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, froito da intensa colaboración e do traballo de todo o sector -dixo- para definir o camiño a seguir a medio e longo prazo
A Xunta traballa nun proxecto estratéxico de avaliación xenética da raza porco celta para obter explotacións máis rendibles e incrementar o número de animais
O programa de avaliación permitirá definir as liñas xenéticas reprodutivas e produtivas, conseguindo incrementar o número de animais desta raza e así poder abastecer a gran demanda dos seus produtos
A Xunta insta para que se cumpra de inmediato a Lei da cadea alimentaria para manter a viabilidade económica das explotacións agropecuarias
O director xeral e Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias analizou a situación actual que están atravesando as explotacións agropecuarias galegas
A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Melón
No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas a 18 persoas como presuntas autoras de incendios forestais
A Xunta estudará a posibilidade de desenvolver unha aldea modelo no Porriño a solicitude deste concello
Trátase de avaliar a idoneidade de diversos núcleos para a posta en marcha desta figura, contemplada na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia
A Xunta investirá preto de 114.000 euros en traballos preventivos de incendios forestais no distrito XIX de Caldas-Salnés
Os labores levaranse a cabo en montes dos municipios de Pontecesures, Valga, Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa
A Xunta e o Concello de Salvaterra de Miño colaborarán na posible posta en marcha dun polígono agroforestal para cultivo de viñeda da denominación de orixe Rías Baixas
Trátase de determinar a área máis acaída para esta figura, contemplada na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia
A Xunta pon de relevo na Feira do Viño de Amandi o potencial da próxima Lei da calidade alimentaria para enxalzar o bo facer das adegas e viticultores galegos
No marco desta posta en valor dos nosos produtos agroalimentarios de calidade, José Luis Cabarcos destacou a boa acollida dos viños galegos nas feiras Alimentaria e Barcelona Wine Week, así como a próxima presenza no Salón Gourmets de Madrid