Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

20/04/22 | 15:05 | C. do Medio Rural

Desde este momento poderán solicitarse de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados

Estas tarefas permanecían suspendidas ata o de agora debido á variabilidade das previsións meteorolóxicas

20/04/22 | 11:17 | C. do Medio Rural

A Xunta concede máis de 2,3 M€ a un total de 151 beneficiarios para o coidado de 2.346 hectáreas de plantacións forestais que foron subvencionadas nos últimos anos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que dá publicidade ás axudas aprobadas ao abeiro da convocatoria deste ano de primas de mantemento das forestacións

19/04/22 | 12:22 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia a posta en marcha do Observatorio da Cadea Alimentaria para mellorar o seu funcionamento e procurar un maior equilibrio e transparencia nas relacións entre os operadores

José González explicou que o obxectivo final é conseguir uns prezos xustos para os produtores, que sempre cubran os seus custos máis unha marxe de beneficio

19/04/22 | 12:19 | C. do Medio Rural

Arranca o programa formativo 2022 da Xunta para o persoal do servizo de prevención de incendios forestais

No caso dos bombeiros forestais e xefes de brigada, abordaranse aspectos como a análise operativa e táctica, os lumes de interface urbano-forestal, as manobras de autoprotección con auga ou os diferentes tipos de atrapamento

18/04/22 | 10:42 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará os produtos do agro e do mar con selo de calidade na XXXV edición da feira Gourmets de Madrid

O conselleiro do Medio Rural participará o próximo luns 25 de abril na inauguración do evento, onde 29 empresas do agro da comunidade compartirán espazo de exposición co Goberno galego

18/04/22 | 10:11 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia esta semana os talleres da segunda fase do proceso participativo para a elaboración do Plan integral de recuperación da área suroriental de Ourense

En total, haberá talleres en cada un dos 10 concellos implicados para priorizar e recoller máis propostas de dinamización do territorio, sendo os primeiros os previstos os días 20, 21 e 22 de abril en Verín, Monterrei e Oímbra respectivamente

17/04/22 | 14:44 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello lugués de Palas de Rei, parroquia de Moredo

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada provisional rolda as 150 hectáreas

17/04/22 | 12:35 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza unha xornada técnica para impulsar a indicación xeográfica protexida Capón de Vilalba

Terá lugar o vindeiro mércores 20 de abril na biblioteca pública municipal de Vilalba, en horario de maña de 9,30 h. a 14,30 horas

17/04/22 | 12:28 | C. do Medio Rural

A Xunta comeza a difundir os primeiros resultados do Inventario Forestal Continuo de Galicia

Estes labores enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre as universidades de Vigo e de Santiago, por un lado, e a Consellería do Medio Rural, por outro