Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

23/04/22 | 10:48 | C. do Medio Rural

A Xunta recibiu un total de 224 propostas nas dúas fases de consulta pública ao mercado do proxecto “aldeas intelixentes, solucións de futuro para aldeas sostibles”

Na segunda consulta lanzada en marzo, un total de 30 entidades públicas e privadas presentaron ata 56 propostas de solución que permitirán mellorar e completar os cinco retos deseñados en base ás 168 iniciativas recibidas na primeira fase

23/04/22 | 10:07 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén aberto deica o vindeiro luns 2 de maio o prazo para solicitar ata 3 M€ en axudas á reestruturación e reconversión dos viñedos galegos

O obxectivo é aumentar a competitividade dos viticultores mediante unha redución de custos, unha mellora dos sistemas de produción sustentables e unha maior orientación aos diferentes mercados, ao tempo que se promove a remuda xeracional

22/04/22 | 18:03 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor na Arbomostra 2022 os preto de 8 M€ convocados este ano para profesionalizar o cultivo da vide e a produción e comercialización dos viños galegos

José Balseiros destacou que ata o 2 de maio aínda se poden solicitar os 3 millóns de euros destinados á reestruturación e reconversión do viñedo

22/04/22 | 15:09 | C. do Medio Rural

Trenor informa de que as axudas da PAC para agricultores e gandeiros ascenderon en 2021 a máis de 23,4 M€ e beneficiaron a máis de 3.800 explotacións da área de Santiago

O delegado da Xunta destacou nunha explotación beneficiaria de Trazo que estes apoios son os máis importantes para as comarcas rurais de Galicia, tanto polo número de beneficiarios como polo importe concedido

Con respecto á campaña deste ano calcúlase que uns 25.000 agricultores e gandeiros se beneficiarán recibindo un importe superior aos 210 millóns de euros (170 millóns de axudas directas e 40 millóns de achegas ao desenvolvemento rural)

 

22/04/22 | 13:26 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 4,8 M€ en axudas a 113 explotacións agrogandeiras de Deza e Tabeirós coa orde de plans de mellora e incorporación de mozos

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, informou desta concesión nunha visita a Gandeiría Coto, beneficiaria destas achegas en anos anteriores

22/04/22 | 13:11 | C. do Medio Rural

A Xunta habilita un visor xeográfico con toda a información sobre os instrumentos de posta en valor recollidos na lei de recuperación da terra agraria de Galicia

Dispoñible no seguinte enlace, o visor proporciona datos gráficos e alfanuméricos das aldeas modelo, dos polígonos agroforestais ou das zonas preferentes para a implantación de polígonos de iniciativa pública mediante o uso de cartografía dixital

21/04/22 | 17:19 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega material de prevención de incendios a veciños de Cualedro para participar nas tarefas de xestión de biomasa

Entregáronse un motocultor, unha rozadoira de martelos e unha podadora de altura, concibidos todos eles especificamente para a prevención

21/04/22 | 16:37 | C. do Medio Rural

A Xunta rexeita o reparto das axudas estatais para o vacún de carne por insuficientes e discriminatorias con respecto a outros sectores coma o lácteo

?      A Consellería do Medio Rural alegará para que o Ministerio de Agricultura reclame á UE que permita mobilizar fondos do Feader para pagar axudas directas ao vacún de carne

20/04/22 | 21:39 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, que afectou o Parque Natural do Xurés

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 0,07 hectáreas de monte raso

20/04/22 | 20:11 | C. do Medio Rural