Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

27/04/22 | 14:03 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza no protocolo de actuación conxunta para a loita contra os incendios forestais na fronteira hispano-lusa

Manuel Rodríguez destacou a importancia de que haxa unha colaboración específica entre ambos países para reforzar a capacidade operativa dos medios de extinción e minimizar os danos que poidan ocasionar os incendios

26/04/22 | 17:13 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello das Neves avaliarán a implementación dun polígono de viñedo e planta ornamental no marco do proxecto europeo Forvalue

Este instrumento ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria púxose sobre a mesa mentres se está a avanzar na execución da aldea modelo da Porteliña tamén neste municipio, cunha superficie de 34,57 hectáreas

26/04/22 | 15:11 | C. do Medio Rural

Gabriel Alén salienta que as axudas da Xunta para a reestruturación e reconversión de viñedos beneficiarán 108 viticultores da provincia de Ourense

O delegado territorial lembrou a recente publicación no Diario Oficial de Galicia da nova orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas deste ano que contan cun orzamento de 3 M€ e cuxo prazo de solicitude remata o 2 de maio

26/04/22 | 11:58 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Goberno central avanzan na súa colaboración a prol da sustentabilidade da actividade agropecuaria na Limia

O encontro telemático serviu para constatar os progresos no proxecto de limpeza das canles de regadío e dos camiños paralelos desta bisbarra ourensá, que permitirán iniciar en breve a súa tramitación

26/04/22 | 10:43 | C. do Medio Rural

A Xunta crea a nova unidade da Consellería do Medio Rural que asumirá as funcións da axencia de control alimentario en Galicia para cumprir a Lei da cadea e frear a venda a perdas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se modifica a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural para crear o Servizo da Cadea Agroalimentaria e Control de Prácticas Comerciais Desleais

26/04/22 | 10:27 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 340.000 euros ás axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que regula estas subvencións, que se poderán solicitar no prazo dun mes a contar dende mañá

25/04/22 | 13:57 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a excelencia dos produtos galegos que se verá reforzada coa nova Lei da calidade alimentaria de Galicia

A Consellería do Medio Rural ten un posto con dúas illas que alberga un total de 29 empresas agrarias, das cales 14 son do sector alimentario en xeral e 15 do sector vinícola e de bebidas espirituosas

24/04/22 | 10:25 | C. do Medio Rural

A Xunta abre o prazo ata o vindeiro 11 de maio para inscribirse nas catas oficiais de viños e augardentes de Galicia 2022

Todos aqueles interesados terán que enviar o correspondente boletín de inscrición ao consello regulador correspondente, quen certificará que as empresas que se inscriban cumpren os requisitos e condicións establecidas nas bases do concurso