Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

04/05/22 | 10:09 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza dende a semana que vén no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude un curso de iniciación á apicultura ecolóxica

Previsto en cinco sábados distribuídos entre o 14 de maio e o 2 de xullo, constará dun total de 20 horas lectivas para que os participantes adquiran os coñecementos necesarios de cara a establecer o seu propio apiario orientado á produción ecolóxica

03/05/22 | 11:55 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo en Córdoba o traballo do Centro de Investigación Forestal de Lourizán a prol da recuperación dos terreos afectados polo lume

A investigadora Cristina Fernández foi a encargada de presentar -no IV Taller de leccións aprendidas sobre os incendios forestais- os avances acadados na nosa comunidade para mitigar o risco de erosión

03/05/22 | 11:43 | C. do Medio Rural

A Xunta estrea a nova Oficina Agraria Comarcal de Caldas tras acometer a súa remodelación cun investimento de 72.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Juan Manuel Rey, visita esta nova dependencia, emprazada no edificio municipal da Escola de Música e o Obradoiro de Emprego

02/05/22 | 21:38 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Camariñas, parroquia de Camelle

As últimas estimacións indican que afectou unha superficie de 64 hectáreas, das cales 54 foron de monte arborado e as 10 restantes de raso

02/05/22 | 21:33 | C. do Medio Rural

A Xunta equipara as rutas dos viños coa estratexia impulsada co sector que está a vincular a produción co territorio para a desestacionalización e consolidación do turismo galego

José González referiuse así á Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que busca afianzarnos como referente de viños de calidade e como destino enoturístico, aproveitando o impulso do Xacobeo

Tamén aludiu á Lei de recuperación da terra agraria, que está a ser clave para aumentar a produción das distintas denominacións de orixe do viño galegas a través de figuras como os polígonos de viñedo

02/05/22 | 18:34 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal do concello coruñés de Camariñas, parroquia de Camelle

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 64 hectáreas, das cales 54 son de monte arborado e as 10 restantes de raso

02/05/22 | 18:27 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés de Camariñas, parroquia de Camelle

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 60 hectáreas

02/05/22 | 14:34 | C. do Medio Rural

A Xunta formará en Boqueixón sobre mecanismos de reprodución de colmeas e mellora xenética de raíñas

A acción formativa celebrarase os sábados no lugar de Quián ata o mes de xullo e será impartido polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude en horario de mañá

02/05/22 | 14:23 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello coruñés de Camariñas, parroquia de Camelle

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas

02/05/22 | 11:48 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para fomentar a agricultura de precisión, a eficiencia enerxética e a economía circular no sector agrario a través de Fondos Next Generation

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan preto de 7,5 millóns de euros en axudas, coas que se prevé beneficiar unhas 250 explotacións