Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta reafirma o seu compromiso co rural galego no Foro Voz de iniciativas rurais de Ponteceso
José González destacou a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia como base para pór en valor terreos infrautilizados ou en estado de desuso
A Xunta pon en valor o mercado dixital dos produtos galegos de calidade para fomentar o consumo de proximidade
José Luis Cabarcos tamén destacou a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, a cal persegue aumentar o valor engadido dos viños galegos, mellorando a rendibilidade e a sustentabilidade da produción vitícola
A Xunta reivindica o valor económico, cultural e turístico dos viños da denominación de orixe Valdeorras
José González puxo en valor a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, a cal persegue aumentar o valor engadido dos viños galegos, mellorando a rendibilidade e a sustentabilidade da produción vitícola
A Xunta e a Fegamp comparten a necesidade de prorrogar o convenio de protección das aldeas ao constatar o seu bo funcionamento desde a sinatura en 2018
Na reunión acordouse crear un grupo de traballo para avanzar na implementación deste acordo, debatendo as melloras necesarias compiladas pola Fegamp nun documento técnico elaborado cos concellos adheridos ao convenio
A Xunta inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento de oito polígonos agroforestais de iniciativa pública en varios concellos galegos
O DOG publica hoxe os oito acordos da Consellería do Medio Rural que dan lugar ao comezo destes procesos de recuperación de terras nos concellos da Arnoia, Leiro, Riós, Monterrei, Paderne de Allariz, Cerdedo-Cotobade, Crecente e Curtis
A Xunta destina 2 M€ ás axudas para a valorización e segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Industria Forestal, dependente da Consellería do Medio Rural, coa convocatoria e as bases destas achegas
Extinguido o incendio rexistrado no concello de Muíños, parroquia de Requiás, que afectou o parque natural do Xurés
Segundo as últimas estimacións, o lume afectou 0,14 hectáreas de superficie
Estabilizado un incendio forestal no concello de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés
Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta menos de unha hectárea de superficie
A Xunta amósalle ao coronel xefe do Aeródromo de Santiago o labor do Centro de Referencia na Loita contra o Lume
Acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e polo subdirector xeral de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandas, Pedro Díaz coñeceu o Centro de Coordinación Central de Defensa Contra Incendios Forestais
A Xunta impulsa con Ternera Gallega unha campaña nacional de promoción de 1,4M€ para a súa especialidade suprema de 1,4 M€
José González destacou que o Goberno galego aportará a metade do investimento, mentres e o consello regulador das IXP de carne de vacún achegará a outra metade