Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta organiza en Moeche un curso para o uso das instalacións do seu centro de transformación de produtos agrarios
A acción formativa, de 60 horas de duración total, terá lugar do 18 de xullo ao 11 de agosto no propio Centro de transformación
Medio Rural informa da situación dos lumes forestais
Activo un incendio no concello de Melón, parroquia de Quins, que afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas
A Xunta resalta o constante crecemento produtivo do sector vitivinícola galego
José González puxo en valor a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, coa que a Xunta reafirma o seu compromiso e propósito de continuar crecendo
A Xunta potencia o emprendemento e a implantación de novos modelos de negocio no agro a través do papel dinamizador dos grupos de desenvolvemento rural
Inés Santé puxo en valor a iniciativa dos GDR Terras de Miranda, Seitura 22 e Montes e Vales e Orientais, na que un total de 30 proxectos e 40 emprendedores xa están a desenvolver o seu itinerario empresarial para xerar riqueza e emprego no rural
A Xunta porá proximamente en marcha o Observatorio do Sector Lácteo, que velará polo crecemento sostido do prezo do leite que cubran os custos de produción
Así o avanzou José Balseiros, director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, na súa intervención na xornada de sostibilidade, pegada de carbono e pegada hídrica na produción de leite, organizada por Agaca
Activo un incendio forestal rexistrado na parroquia homónima do Concello de Ribadavia
Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta provisionalmente unhas 20 hectáreas de superficie
Galicia demanda en Madrid un maior apoio á promoción dos viños de calidade e á reestruturación do viñedo en zonas con maior valor engadido
José González advertiu da importancia de fortalecer estes produtos con selo de calidade, que son suxeitos a uns controis máis exhaustivos e que dignifican as variedades autóctonas de cada unha das zonas produtoras
A Xunta anima aos produtores galegos a apostar polas figuras da Lei de recuperación para optar aos dereitos da axuda básica á renda da reserva nacional na nova PAC
A instancias do Goberno galego, o borrador do novo real decreto sobre dereitos de axuda básica á renda prevé que poidan solicitar dereitos á reserva nacional superficies acollidas a ferramentas como as aldeas modelo ou os polígonos agroforestais
A Xunta avanza que impulsará a dixitalización das empresas do sector forestal de Galicia
Jacobo Aboal manifestou a importancia da transición dixital para dar unha resposta axeitada ao papel que a madeira vai ter nos seguintes anos
A Xunta inviste preto de 1 M€ en incorporar aos centros de I+D+i da Axencia Galega da Calidade Alimentaria un total de 23 profesionais no marco do programa Investigo
Estes traballadores desenvolverán funcións de reforzo no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía