Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta consolida os convenios coas asociacións de criadores das razas autóctonas galegas para apoiar as súas actividades de recuperación, conservación e fomento
O conselleiro do Medio Rural e os representantes das asociacións de criadores das razas autóctonas galegas asinaron esta semana as addendas a estes convenios, para facilitar que os gastos do último trimestre de 2022 resulten elixibles
Axentes ambientais da Xunta localizan un indicio de intencionalidade nun conato de incendio no distrito forestal III que investiga a UIFO
O director de extinción deste conato deu conta do achado aos profesionais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural, que están a realizar as pescudas oportunas
A Xunta celebra a través da estación de viticultura e enoloxía de Galicia actividades sobre os últimos avances neste sector
O programa incluíu unha xornada técnica no Mosteiro de San Clodio, na que foron tratados os proxectos Ferviña e Vitiozón, coa axuda da Universidade de Santiago de Compostela e de adegas colaboradoras
A Xunta avanza na análise dos custos e prezos dos principais sectores produtivos no marco do Observatorio da Cadea Alimentaria de Galicia
José González destacou que este instrumento busca mellorar o funcionamento da cadea alimentaria, procurar un maior equilibrio entre os diferentes operadores e fortalecer o sector produtor, con vistas a conseguir uns prezos xustos
A Xunta pon en valor a nova lei da calidade alimentaria de Galicia no Consello Agrario Galego
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria foi o encargado de explicar o anteproxecto desta lei que se prevé ter aprobada neste ano 2022
A Xunta convoca 4M€ en axudas para repoñer as explotacións forestais, agrícolas e gandeiras danadas polos incendios deste mes de xullo
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural coa convocatoria e as bases destas achegas, que forman parte do paquete de 9 millóns de euros anunciado esta semana no Consello da Xunta