Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda destaca a calidade e a variedade dos viños e dos espumosos do Condado do Tea, que non deixan de conquistar novos mercados
Subliña o éxito das variedades desta subzona da D.O. Rías Baixas, “unha terra mimada para o cultivo do viño polo coidado de 1.500 viticultores”
A Unidade de Investigación de Incendios Forestais pilla in fraganti unha muller en Amoeiro cando se desprazaba polo monte con pastillas de acendido e un chisqueiro
A investigación estase a realizar conxuntamente con axentes da Policía Autonómica da xefatura de Ourense e as actuacións remitiranse o Xulgado de primeira instancia de Ourense
Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño
Segundo as últimas medicións realizadas, o lume afecta unha superficie estimada de 560 hectáreas dentro do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés
A Xunta lembra aos afectados polo incendio forestal de Valdeorras que están en prazo de solicitar as axudas para a reposición de explotacións forestais, agrícolas e gandeiras
No encontro cos representantes das comunidades de montes de Carballeda de Valdeorras, O Barco de Valdeorras e Rubiá, o titular de Medio Rural lembrou o contido das achegas económicas de 4 millóns de euros convocadas polo seu departamento
A Xunta promoverá os produtos de calidade do agro galego no Festival da Luz en Boimorto
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, programou para este evento unha serie de actividades e degustacións de produtos galegos con indicativo de calidade para todos os públicos
A Xunta avanza a publicación dunha convocatoria de axudas para impulsar o uso da madeira no eido da construción
Jacobo Aboal adiantou que esta liña de achegas financiará os custos na redacción dos proxectos de execución, así como do material de madeira sempre que a edificación incorpore unha porcentaxe mínima deste material