Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta organiza en Becerreá e As Pontes senllas xornadas sobre o uso cosmético da cera de abella
Impartiranse os vindeiros días 16 e 17 de setembro respectivamente, cunha duración de seis horas formativas cada unha
A Xunta aprobou no bienio 2021-2022 un total de 1.007 accións formativas en materia agropecuaria e forestal
José Luis Cabarcos trasladou ademais que de cara á nova PAC 2023-2029 está previsto destinar a este eido algo máis de tres millóns de euros
A Xunta organiza en Maceda un curso sobre poda e enxertado de castiñeiro
Impartirase os vindeiros días 13 de setembro e 25 de novembro na Oficina Agraria Comarcal desta localidade ourensá, cun total de 12 horas formativas
A Xunta louva o papel clave da Unidade de Investigación de Incendios Forestais na detención dos tres presuntos autores de ata 10 incendios en Ourense e Lugo
A Garda Civil de Ourense prendeu tres homes aos que se lles vén de decretar o seu ingreso en prisión pola súa presunta relación con ata 10 focos rexistrados na comarca ourensá de Trives e na lucense de Ribas de Sil
Policía Autonómica e axentes ambientais de Medio Rural esclarecen un incendio forestal no concello pontevedrés de Meis
O lume produciuse por unha imprudencia ao realizar traballos de corte cunha máquina amoladora
A Xunta e o Goberno central harmonizan as medidas de control da vendima
O delegado territorial informou que a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, comezou xa, por cuarto ano consecutivo, os controis na vendima en coordinación cos consellos reguladores para asegurar e preservar a calidade dos viños das denominacións de orixe (DO) de Galicia
A Xunta detecta outros cinco casos de gripe aviaria en mascatos
Os casos positivos corresponden a cinco individuos recollidos en diferentes lugares da costa galega e trasladados aos centros de recuperación de fauna silvestre
Os viños galegos con denominación de orixe son os que máis incrementaron no 2021 o seu valor a nivel nacional na alimentación e na hostalería
O informe “O mercado español dos viños galegos”, elaborado pola multinacional Nielsen en colaboración coa Xunta, reflicte unha suba tanto no prezo de compra como no de venda, nos que a nosa comunidade está á cabeza en España
Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Riobó
Segundo as últimas medicións realizadas, o lume afectou unha superficie de 20 hectáreas: 18 rasas e 2 arboradas
A Xunta apoia unha operación financeira para facilitar a mellora da competitividade e a viabilidade da cooperativa vitivinícola San Roque de Beade
Así o confirmou hoxe o conselleiro do Medio Rural nunha visita a esta adega, inscrita no Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro