Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta recibiu 685 solicitudes para optar ás axudas para a reparación dos danos causados polos incendios de xullo por un importe de máis de 4,7 M€
Recalca a axilidade do Goberno galego á hora de tramitar unhas axudas necesarias para os afectados, fronte ás convocadas polo Goberno central
A Xunta aposta pola visibilización do talento e achégase ás novas promocións da enxeñaría forestal
Jacobo Aboal destacou o interese e a necesidade do sector de incorporar novas vocacións que impulsen a modernización e a competitividade da industria forestal-madeira
A Xunta estuda a implantación dun novo polígono agroforestal na Peroxa destinado a uso gandeiro no marco da Lei de Recuperación da Terra
Inés Santé e o rexedor acordaron avaliar proximamente a superficie susceptible de incorporarse nesta figura de posta en valor
A Xunta organiza en Boqueixón un curso de formación complementaria á análise sensorial dos queixos galegos denominación de orixe protexida
O curso terá lugar os días 19 e 21 de setembro no Centro de formación e experimentación agroforestal de Sergude
A Xunta destaca as oportunidades que ofrece a Lei de recuperación da terra agraria na comarca de Chantada de cara á incorporación das mulleres no sector primario
Inés Santé lembrou que hai 21 aldeas modelo declaradas -cinco delas na provincia de Lugo- e 21 polígonos agroforestais en distintas fases -entre eles dous lucenses-
A Xunta louva o traballo da Unidade de Investigación de Incendios Forestais de cara a lograr a detención de catro presuntos incendiarios que xa están en prisión
José González puxo en valor a colaboración dos axentes ambientais da UIFO coas forzas e corpos de seguridade, que permitiu dar recentemente cos presuntos autores de lumes nas provincias de Ourense e Lugo, a última esta semana en Verín
A Xunta amplía ata o 15 de outubro o prazo para presentar licenzas e permisos das axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que aumenta nun mes o período marcado inicialmente para aportar esta documentación
A Xunta está a executar traballos de recuperación de zonas afectadas por incendios en 106 hectáreas no Courel
Trátase de labores de mulching (acolchado) de palla, que se levan a cabo por persoal propio da Consellería do Medio Rural de acordo coas indicacións dos técnicos especialistas do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán
A Xunta pon en valor iniciativas como a marca Costa da Morte-Terra Atlántica de cara a dinamizar o territorio e xerar riqueza no rural
Inés Santé destacou o traballo detrás desta marca de territorio rexistrada en 2018 para dar a coñecer tanto esa área coruñesa como os bens e servizos que se produ-cen e ofertan nela
A Xunta pon en valor en Oímbra a alta calidade de viños como os da denominación de orixe Monterrei de cara á consolidación do sector nos diferentes mercados
José González lembrou que o Goberno autonómico está a implementar a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia en colaboración co sector para seguir potenciándoo dentro e fóra da comunidade