Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destina 2,1 millóns de euros ás axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras de 2020-2021
Estas entidades desenvolven os programas de prevención e control de enfermidades, que melloran as condicións hixiénicas e de benestar animal das explotacións e contribúen a manter o bo status sanitario da cabana galega
Medio Rural convoca preto dun millón de euros en axudas para indemnizacións por sacrificio obrigatorio de animais
O prazo de presentación de solicitudes arranca mañá e prolongarase ata o 30 de novembro
A Xunta convoca 41 millóns de euros en axudas para a incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e o desenvolvemento de pequenas explotacións
As achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), buscan asegurar a continuidade do tecido agrario e incrementar a competitividade das explotacións mediante a súa modernización
Agricultores e muiñeiros súmanse aos panadeiros nas reunións previas á constitución do Consello Regulador da IXP Pan Galego
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria mantivo un encontro con estes colectivos para seguir avanzando na posta en marcha da Indicación Xeográfica Protexida
A Xunta reitera en Bruxelas a súa defensa dunha PAC común para toda a UE pero que contemple as peculiaridades do agro galego
Por iso, o Goberno galego apostou na capital comunitaria por medidas como a obrigatoriedade dos pagos redistributivos dende as grandes explotacións ás pequenas
A Xunta convoca 13 millóns de euros en axudas para accións silvícolas de prevención e para o incremento do valor ecolóxico dos montes galegos
As achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), divídense en dúas liñas dotadas con nove e catro millóns de euros respectivamente
Máis dunha trintena de arquitectos e enxeñeiros visitan o Pazo de Quián no marco do concurso de ideas para convertelo nun 'espello do rural'
O obxectivo é transformar o predio de Sergude, que alberga o Centro de Formación e Experimentación Agraria e o propio pazo, no Centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais
O director xeral de defensa do Monte destaca en Portugal o potencial dos drons ou do pioneiro convenio de protección das aldeas para loitar contra os lumes en Galicia
Tomás Fernández-Couto foi un dos convidados ao Seminário Incêndios Rurais 2020 celebrado no país veciño
O conselleiro do Medio Rural reitera ante os empresarios da Limia a necesidade de apostar pola calidade e a innovación
José González informounos dos 26 millóns de euros que destinará a Consellería á transformación e comercialización de produtos agrarios deica o ano 2022
A futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria creará polígonos agroforestais voluntarios para devolver á produción as parcelas abandonadas
José González salientou que con esta nova ferramenta voluntaria se reestruturarán as parcelas para garantir a rendibilidade dos cultivos, mesmo con procedementos exprés en zonas consideradas prioritarias