Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

01/02/20 | 11:43 | C. do Medio Rural

A Xunta fará promoción dos viños galegos na Barcelona Wine Week e apoiará a presenza de nove adegas da nosa comunidade

Este certame, que terá lugar entre o luns e o mércores próximos, é unha boa ocasión para que os profesionais nacionais e internacionais coñezan os nosos produtos, abrindo así oportunidades de negocio

30/01/20 | 15:19 | C. do Medio Rural

A Xunta forma aos xestores de montes veciñais en man común para que presenten de xeito telemático as comunicacións dos seus reinvestimentos anuais

Nunha xornada no Mupega, técnicos da Consellería do Medio Rural tamén os informaron da posta en marcha dun Plan de control e verificación das comunicacións realizadas en exercicios pasados

30/01/20 | 15:05 | C. do Medio Rural

Medio Rural e Aspapel analizan a situación actual do sector forestal en Galicia e a importancia de realizar un seguimento e avaliación do estado das masas arboradas

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal adiantou que se está traballando no desenvolvemento do Inventario Forestal Continuo de Galicia, co fin de coñecer a situación dos recursos forestais da nosa comunidade

30/01/20 | 14:21 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a trascendencia da PAC no agro galego e reitera que seguirá traballando para que respecte as particularidades do noso rural

José Balseiros explicou que a Consellería do Medio Rural actúa tamén noutros ámbitos, como as futuras leis de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia e de xestión dos residuos agrogandeiros

30/01/20 | 13:15 | C. do Medio Rural

Balseiro destaca a colaboración entre a Xunta e a iniciativa privada para impulsar a dinamización turística da Ribeira Sacra

O delegado territorial de Lugo visitou a nova terraza-miradoiro de Adegas Moure, apoiada con 49.000 euros pola Consellería do Medio Rural a través do Grupo de Desenvolvemento Rural da zona

29/01/20 | 17:50 | C. do Medio Rural

Medio Rural estudará a viabilidade de novas zonas de reestruturación parcelaria nos concellos de Touro e Boqueixón

O director xeral de Desenvolvemento Rural mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo cos dous rexedores para coñecer a importancia destes procesos no desenvolvemento agrícola e gandeiro das zonas

29/01/20 | 14:01 | C. do Medio Rural

Cores Tourís comproba o remate das obras de mellora de dous camiños nos lugares de Barreiro e Rapeira, no Concello de Portas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que se inclúe dentro do Plan de Infraestruturas Rurais 2019-20

29/01/20 | 13:57 | C. do Medio Rural

A Xunta reparte máis de 1800 castiñeiros autóctonos para froito a distintos viveiros galegos para a conservación e multiplicación deste material vexetal

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, presidiu o acto de entrega destas plantas