Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

06/02/20 | 14:40 | C. do Medio Rural

Cores Tourís comproba o remate da obra de mellora do camiño Santa Comba a Loureza no concello de Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que se inclúe dentro do Plan de Infraestruturas Rurais 2019-20, e que permitiu a reforma deste vial cun orzamento de case 46.000 euros

06/02/20 | 14:26 | C. do Medio Rural

A Xunta reitera que seguirá traballando para que a PAC respecte as particularidades galegas e siga sendo garante do noso agro

José Balseiros explicou que a Consellería do Medio Rural está a traballar nas leis de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia e de xestión dos residuos agrogandeiros para velar polo futuro do rural

06/02/20 | 14:10 | C. do Medio Rural

A Xunta implica aos grupos de desenvolvemento rural nos procesos de mobilización de terras agrarias

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) mantivo unha xuntanza con xerentes e persoal técnico dos 24 GDR galegos con esta finalidade

06/02/20 | 10:36 | C. do Medio Rural
05/02/20 | 19:43 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que todos os concellos galegos sumados ao convenio de protección das aldeas poden limpar parte das súas faixas secundarias con cargo ao acordo

José González sinalou que este mes enviarán a todos os municipios adheridos as novidades da nova addenda ao convenio, entre as que se atopa a limpeza de ata 5 hectáreas de superficie e unha rebaixa dos trámites administrativos

05/02/20 | 17:12 | C. do Medio Rural

A Xunta arranxará a estrada que comunica os concellos lugueses da Pastoriza e Riotorto

O conselleiro do Medio Rural reuniuse cos alcaldes de ambos os dous municipios para avaliar esa colaboración, co fin de mellorar o enlace entre os núcleos de Bretoña e As Rodrigas por Luxilde

04/02/20 | 14:32 | C. do Medio Rural

O director xeral de Gandaría destaca a aposta pola diversificación como clave para abrir novas oportunidades de negocio no rural galego

Lembrou que a Consellería do Medio Rural destinará 26 millóns de euros deica o ano 2022 a financiar investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios

04/02/20 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia os traballos de roza e limpeza de máis de 100 hectáreas en cinco aldeas modelo de Lugo e Ourense

José González salientou que este ano van comezar tamén diferentes proxectos piloto de polígonos agrogandeiros e forestais que, combinados coas parcelarias e as aldeas modelo, permitirán unha importante mobilización de terras

03/02/20 | 16:17 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Deputación da Coruña abordan vías de cooperación para axudar aos concellos a cumprir as súas competencias sobre incendios forestais

Ambos responsables avaliaron, xunto co director xeral de Defensa do Monte, iniciativas coma o convenio entre o Goberno galego, a Fegamp e Seaga para a xestión da biomasa preto das vivendas ou a figura das aldeas modelo

03/02/20 | 13:55 | C. do Medio Rural

A Xunta achegou en dous anos a través de Agader 9,7 millóns de euros a 139 proxectos xestionados polos GDR, que sosteñen máis de 600 postos de traballo en Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, subliñou que estas axudas “serven de osíxeno para o noso país, de pulo para os que apostan polo rural como un lugar de oportunidades”