Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e o sector vitivinícola valoran o impacto da emerxencia sanitaria e abordan medidas de impulso na comercialización dos seus produtos
Anunciou que proximamente habilitarase un apartado na páxina web da Consellería para que o sector traslade as cuestións e preocupacións en materia económica no rural, co fin de poder informalo das medidas económicas ás que se pode acoller en cada un dos sectores produtivos
O Centro Tecnolóxico da Carne cede ao Complexo Hospitalario de Ourense un equipo para facer probas de detección do coronavirus
A cesión deste material, que será utilizado polo Servizo de Microbioloxía do CHUO, manterase polo tempo que sexa necesario e de acordo coas instrucións que vaian ditando as autoridades sanitarias en relación co COVID-19
A Xunta insta ao Goberno central a que clarifique a esencialidade da actividade do sector forestal durante a emerxencia sanitaria
A consulta realizouse a través dunha misiva aos ministerios de Transición Ecológica y el Reto Demográfico, ao de Sanidad, así como á propia Delegación do Goberno para garantir a adecuada interpretación do corpo normativo establecido no último Real Decreto
A Xunta mantén o peche dos mercados locais para a venda de produtos agroalimentarios por indicacións do Goberno central
En resposta á consulta remitida polo executivo galego, a Delegación do Goberno en Galicia explica que a venda de alimentación queda restrinxida aos establecementos comerciais
A Xunta publica a orde que permitirá axilizar os aproveitamentos madeireiros en terreos cun réxime de protección especial
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde conxunta entres as consellerías do Medio Rural, de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e de Infraestruturas e Mobilidade pola que se aproban os novos pregos de condicións
Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira
Segundo as últimas estimacións, o lume afectou 30,75 hectáreas de superficie, todas elas de monte raso
O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia colabora co Servizo Galego de Saúde na realización dos tests diagnósticos do coronavirus
O Lapasaga, dependente da Consellería do Medio Rural, procesará inicialmente unhas 300 mostras diarias que se poderían incrementar se fose necesario
Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unhas 25 hectáreas de superficie
A Xunta insta ao Goberno central a determinar a apertura ou o mantemento da prohibición da actividade dos mercados locais para a venda de produtos agroalimentarios a partir do 1 de abril
Efectúase esta consulta para que o Goberno central determine se a venda directa de produtos agrícolas e gandeiros a través destes mercados ao aire libre se considera un servizo ou actividade esencial
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8,30 h de hoxe
Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira, que afecta provisionalmente máis de 20 hectáreas