Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de San Pedro de Vilantime, no concello coruñés de Arzúa
Esta reorganización territorial afecta unha superficie total de 809 hectáreas
A Policía Autonómica e axentes ambientais esclarecen un incendio no concello de Cortegada
No que vai de ano foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 21 persoas como presuntas autoras de incendios forestais
A Xunta e Audasa supervisan os labores de xestión de biomasa para a prevención de incendios na autoestrada do Atlántico
O director xeral de Defensa do Monte mantivo un encontro de traballo con responsables da empresa adxudicataria para avaliar os labores na faixa primaria
A Xunta promociona o consumo de produtos alimentarios galegos en apoio ao sector primario e en defensa dunha dieta sa e equilibrada
José González destacou que a cidadanía é máis estrita co que consome e tamén está máis concienciada en axudar aos produtores galegos
A Xunta presenta ao sector da primeira transformación da madeira as vantaxes da nova plataforma para a tramitación electrónica dos aproveitamentos
A ferramenta busca axilizar eses trámites, tendo en conta que cada ano se presentan en Galicia máis de 93.000 declaracións e solicitudes de autorización de aproveitamentos madeireiros
Os veciños da parcelaria de Trazo, no concello homónimo, poderán tomar posesión dos seus predios o vindeiro 31 de xullo
O director xeral de Desenvolvemento Rural vén de asinar este trámite que permite aos veciños entrar nas parcelas concentradas
A Xunta súmase ás demandas dos produtores de planta ornamental e flor cortada e doutras comunidades para reclamar ao estado axudas directas ao sector
O Goberno galego insta ao ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación a defender en Bruxelas unhas empresas que acumulan perdas superiores aos 440 millóns de euros por mor da crise da covid-19
A Xunta axiliza o pagamento das axudas para a mellora de infraestruturas rurais nos concellos galegos
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe dúas modificacións da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural sobre a resolución do Plan Marco de camiños municipais e a das axudas para a rehabilitación de mercados locais
A Xunta, a universidade galega e os membros do Consello Forestal de Galicia consensúan os contidos do futuro Inventario Forestal Continuo
Na reunión participaron membros das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, que están a realizar parte da investigación deste inventario
A Xunta asinará convenios de colaboración para a prevención e loita contra incendios con 62 concellos da provincia de Lugo
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería do Medio Rural destina 3 millóns de euros a financiar as brigadas municipais, as motobombas e o desbroce de case 6.000 hectáreas